Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de novembro de 2022, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. de ampliación de prazo extraordinario correspondente á concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Tragove para a construción da instalación dun aparello surtidor de gasóleo, con dous tanques de 50.000 litros, e un aparello surtidor de gasolina, cun tanque de 25.000 litros (expediente 13-36-88-C1).

Carlos Sánchez Nieto solicita, en nome e representación de Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., a ampliación de prazo extraordinario da concesión administrativa para a construción de instalación dun aparello surtidor de gasóleo, con dous tanques de 50.000 l, e un aparello surtidor de gasolina, cun tanque de 25.000 l, no porto de Tragove.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, nº 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 28 de novembro de 2022

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur