Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 950

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de terapeuta ocupacional.

Co obxecto de controlar e reducir a taxa de temporalidade no conxunto das administracións públicas, aprobouse a Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, como marco regulador dos procesos de selección que se deben convocar ao longo deste ano para o acceso, coa condición de fixeza, ao sector público. O Decreto 81/2022, do 25 de maio, aprobou a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal do Sistema Público de Saúde de Galicia, en desenvolvemento da dita Lei 20/2021.

Tales procesos, que deberán garantir o cumprimento dos principios de libre concorrencia, igualdade, mérito, capacidade e publicidade, deberán incorporar medidas de axilización, tales como redución de prazos, a dixitalización dos procesos ou a acumulación de probas nun mesmo exercicio, e ademais, a citada lei recolle peculiaridades no procedemento de selección para o acceso ás prazas ocupadas temporalmente cunha antigüidade superior a tres e cinco anos.

Neste contexto normativo, a nota de corte do exercicio da parte específica redúcese con respecto a convocatorias precedentes, e pasa do 50 % ao 35 %, manténdose as porcentaxes do 60 % e 40 % da fase de oposición e concurso, respectivamente, como en anteriores procesos.

Razóns de eficiencia e de axilidade no seu desenvolvemento fan oportuno, na medida en que resulte posible, que a totalidade das prazas que se deban cubrir polo sistema de concurso-oposición, incluídas as pendentes de convocatoria que figuran no decreto de oferta de emprego público de persoal estatutario Sistema Público de Saúde de Galicia para o ano 2022 na categoría de terapeuta ocupacional, se acumulen nun mesmo proceso selectivo, co mesmo tipo de probas e baremo de aplicación.

Neste contexto normativo, de conformidade co establecido no Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Sistema Sanitario Público de Galicia para o ano 2022 e no Decreto 81/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal do Sistema Público de Saúde de Galicia, este centro directivo, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación e no uso das competencias que lle atribúen o artigo 18 do Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 31 de outubro) e o artigo 7 da Orde do 22 de abril de 2020, de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 29 de abril de 2020). resolve convocar o proceso selectivo de concurso-oposición para o ingreso na categoría de terapeuta ocupacional, de acordo coas bases que se indican a continuación.

As prazas obxecto desta convocatoria corresponden a taxa ordinaria e taxa de estabilización de efectivos.

Bases.

I. Normas xerais.

1.1. Prazas.

1.1.1. Convócase concurso-oposición para o ingreso na categoría de terapeuta ocupacional.

1.1.2. O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é o que se detalla no citado anexo I.

1.2. Sistemas de acceso.

As persoas interesadas poderán participar neste proceso selectivo por algún dos seguintes sistemas de acceso: acceso libre ou promoción interna.

Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Logo de finalizado o prazo de inscrición non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso.

De conformidade co establecido na lexislación do emprego público de Galicia Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Sistema Sanitario Público de Galicia para o ano 2022, no artigo 5 do Decreto 81/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal do Sistema Público de Saúde de Galicia, en desenvolvemento da dita Lei 20/2021 e no artigo 8 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dado o número de vacantes ofertadas non procede a reserva de prazas pola quenda de discapacidade.

1.3. Persoas con discapacidade.

1.3.1. Os/as aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios. Os/as interesados/as, agás causas sobrevidas, deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación na que deberán reflectir con claridade as necesidades específicas que ten o/a candidato/a para acceder ao proceso de selección en condicións de igualdade, debendo achegar o Ditame Técnico Facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna, a/s deficiencia/s permanente/s que deron orixe ao grao de discapacidade recoñecido.

As solicitudes de adaptación serán resoltas polo órgano de selección. A tal efecto, o tribunal poderá requirir informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración Laboral, sanitaria ou dos demais órganos competentes. A adaptación non se outorgará de forma automática senón unicamente naqueles casos nos que a discapacidade garde relación directa coa proba a realizar.

1.4. Promoción interna.

De conformidade co establecido no artigo 25.1 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, no Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Sistema Sanitario Público de Galicia para o ano 2022, resérvase o 50 % do total das prazas que se convocan en execución deste decreto para a súa provisión polo sistema de promoción interna.

1.4.2. Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

1.4.3. As prazas da quenda de promoción interna que non sexan cubertas acumularanse ás da quenda de acceso libre.

II. Requisitos.

As persoas interesadas en participar neste proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e no momento da toma de posesión como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso.

2.1.1. Nacionalidade:

a) Posuír a nacionalidade española ou a dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, estar incluído no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos cales sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as ou ter recoñecido tal dereito por norma legal.

b) Así mesmo, poderán participar o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea así como os seus descendentes e os do seu cónxuxe, que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

2.1.2. Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade de xubilación forzosa legalmente vixente.

2.1.3. Capacidade funcional: Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do correspondente nomeamento.

2.1.4. Habilitación: Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

2.1.5. Titulación: Estar en posesión da titulación que se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais.

2.1.6. Protección xurídica do menor. Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, de conformidade coa previsión contida no artigo 57 da Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

2.1.7. Aboar as taxas por dereito de exame, de ser o caso.

2.1.8. Non poderán formalizar a súa inscrición no proceso selectivo as persoas que reunisen en dita data a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría.

2.2. Requisitos específicos.

2.2.1. Promoción interna.

As persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais dos requisitos indicados no apartado 2.1, os seguintes requisitos:

1º. Ostentar a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior á aquela á que se pretende acceder.

2º. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

Ao persoal integrado no réxime estatutario, seralle computado, para os efectos do prazo dos dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario/a de carreira ou laboral fixo.

No suposto de perda dalgún dos requisitos enumerados nesta base, as persoas aspirantes poderán ser excluídas do proceso mediante resolución motivada do órgano convocante.

2.3. Taxas.

2.3.1 Formalización do pagamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e na Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 38,02 € e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VII. Tal impreso, así como os códigos para a súa formalización seranlles facilitados ás persoas interesadas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e estarán dispoñibles na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no apartado de emprego público. A non presentación deste impreso de autoliquidación, -no que deberá figurar a data e o selo da entidade bancaria-, xunto co formulario de inscrición no proceso, determinará a exclusión da persoa aspirante.

Poderase tamén realizar o pagamento da taxa por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web do CIXTEC (www.cixtec.es) e premer a ligazón Oficina Virtual-Tributaria (cor azul), entrar a servizos de acceso libre e taxas, prezos, multas e sancións. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa (modelo 730), que será o que se presente xunto coa solicitude.

Así mesmo, o/a solicitante poderá facer efectivo o pagamento da taxa a través de Fides/expedient-e, habilitándose un enlace directo ao sistema de pago electrónico de taxas da Consellería de Facenda. Neste suposto, non será necesaria a presentación do xustificante de ter aboada a correspondente taxa, xunto coa solicitude.

En ambos supostos, a presentación do xustificante de aboamento non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

2.3.2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada:

– Polas persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

– Polas persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

– Polas vítimas do terrorismo, entendendo por tales as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso a seguinte documentación:

– Copia compulsada da cualificación de discapacidade ou da resolución pola que se lle recoñece a incapacidade permanente.

– Copia compulsada do título oficial de familia numerosa, de carácter ordinario ou especial.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.

– Copia compulsada ou electrónica auténtica da sentenza xudicial firme, ou resolución administrativa pola cal se recoñece a condición de vítima do terrorismo.

2.3.3. Devolución de taxas.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/ás aspirantes excluídos/as que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

2.4. Rexistro electrónico dos requisitos de participación.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán declarar no formulario electrónico de inscrición que reúnen todos os requisitos de participación esixidos nesta convocatoria segundo a quenda de acceso pola que opten. Ao formulario electrónico de inscrición accederase a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) no apartado Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE.

2.5. Prazo e procedemento de acreditación dos requisitos de participación.

2.5.1. As persoas aspirantes, excepto no suposto e respecto da documentación que se sinala na base 2.6, deberán presentar xunto coa solicitude de participación, e dentro do prazo de presentación de instancias a seguinte documentación:

1. Fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou número de identidade estranxeiro en vigor.

Os/as aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar neste proceso selectivo segundo o disposto na base 2.1.1.b) deberán presentar copia compulsada da tarxeta de residencia de familiar de cidadán da Unión Europea en vigor.

2. Xustificante de ter aboado os dereitos de exame. As persoas exentas ou con bonificación no pagamento das taxas deberán presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito nos termos esixidos na base 2.3.2.

3. Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría ou a documentación acreditativa de estar en condicións de obtelo, nos termos previstos nos anexos I e V desta resolución.

Deberá presentarse tradución xurada ou equivalente segundo o disposto no anexo V daqueles títulos que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse ademais o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou recoñecemento.

O/a aspirante non terá a obriga de achegar a documentación acreditativa da titulación cando a mesma conste como validada (V) en Fides/expedient-e.

2.5.2. A falta de acreditación pola persoa interesada dos requisitos de participación determinará a súa exclusión do proceso de selección.

2.5.3. As persoas que accedan pola quenda de promoción interna non terán que presentar a documentación acreditativa da súa identidade.

2.5.4. En todo caso, a autoridade convocante reservarase o dereito a exixir que se acredite convenientemente a existencia ou non dos requisitos de participación e idoneidade dos/das aspirantes, en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

2.6. Verificación dos requisitos de participación a través da plataforma de intermediación.

2.6.1. Excepto no suposto de oposición expresa do/da aspirante manifestada no espazo habilitado ao efecto no formulario electrónico de inscrición no proceso (Fides/expedient-e), o órgano convocante procederá a verificar na plataforma de intermediación (PasaXe!) a seguinte documentación acreditativa dos requisitos de participación:

– DNI/NIE.

– Certificado de discapacidade expedido por un órgano da Comunidade Autónoma de Galicia

– Condición de demandante de emprego no territorio nacional e de non ser perceptor de prestación ou subsidio por desemprego.

– Título de Familia Numerosa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Fóra destes supostos ou cando conste a oposición expresa á súa consulta, os/as aspirantes deberán presentar a documentación acreditativa de todos os requisitos nos termos que se indican na base 2.5.

2.6.2. Se unha incidencia técnica debidamente acreditada imposibilitase o funcionamento ordinario dos sistemas, o órgano convocante poderá requirir ao/á aspirante a acreditación en papel de todos os requisitos de participación.

III. Méritos.

3.1. Méritos a valorar.

Os méritos a ter en conta na fase de concurso deste proceso serán os recollidos no anexo IV e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada na forma e prazos que se indican nesta convocatoria.

3.2. Rexistro electrónico e acreditación de méritos.

3.2.1. Para o rexistro electrónico dos méritos, os/as aspirantes deberán proceder da seguinte forma:

As persoas interesadas accederán a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) ao expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e) segundo se indica no anexo VI destas bases e comprobarán os datos do seu currículo baremables no proceso de selección que constan rexistrados na aplicación informática, así como o seu estado.

Se non consta ningunha información ou está incompleta, a persoa aspirante, ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, deberá rexistrar no sistema Fides/expedient-e os méritos que posúe para os efectos da súa valoración na fase de concurso. Logo do seu rexistro electrónico, deberá imprimir a solicitude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe de «informe».

A solicitude de validación para este proceso dirixirase a unha unidade de validación das relacionadas no formulario electrónico de inscrición e poderá presentarse ata o último día do prazo de presentación de instancias en rexistro administrativo, electrónico ou presencial, ou a través de calquera dos procedementos que se indican na base 5.2.

Para o rexistro electrónico da solicitude requirirase dun certificado dixital válido: FNMT, DNI electrónico ou Camerfirma.

3.2.2. Xunto coa solicitude de validación, o/a aspirante deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación nos termos que se indican no anexo V. Só se admitirá como medio de acreditación válido o que se indica para cada un dos méritos no indicado anexo.

A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde que figura cada un dos méritos na solicitude de validación.

3.2.3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva non se admitirá, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e para os efectos da súa valoración neste proceso, ningunha documentación acreditativa de novos méritos aínda que consten rexistrados no expediente electrónico, agás aquela documentación que, esixida no anexo V e constando documentalmente ter sido solicitada polo/a interesado/a ao organismo ou entidade competente no prazo de presentación de solicitudes ou nun momento anterior, esta non fose recepcionada polo/a interesado/a no indicado prazo, suposto en que se admitirá a súa presentación no prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos.

Fóra deste suposto e prazo non se admitirá a presentación de ningunha documentación acreditativa de novos méritos.

3.2.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope validado ou pendente de catalogar pola Administración, non terán que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/es mérito/s agás a complementaria que resulte necesaria para a súa actualización.

É responsabilidade do/da aspirante a actualización de méritos consonte a data de referencia deste proceso mediante a presentación de novos certificados. No suposto de que non se produza tal actualización, só se terán en conta os achegados inicialmente.

3.2.5. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a presentación da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope pendente de validar, deberán presentar, de ser o caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes, a documentación complementaria para acreditar debidamente o mérito nos termos do anexo V.

3.2.6. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia rexistrasen no sistema informático os seus méritos, que figuran como pendentes de validar sen que presentasen ningunha documentación acreditativa deles, deberán solicitar a súa validación e acreditar documentalmente a súa posesión nos termos do anexo V dentro do prazo de presentación de instancias para que poidan ser, se é o caso, valorados no dito procedemento.

3.2.7. Non será necesaria a acreditación documental do cumprimento dos seguintes méritos:

– A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

– A formación recibida e impartida pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento e Saúde.

3.2.8. A Administración poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.

3.2.9. Para os efectos deste proceso, e sen prexuízo da súa validación e catalogación nun momento posterior, poderán deixarse sen validar e catalogar no expediente electrónico persoal do/da aspirante aqueles méritos que non teñan incidencia na puntuación a asignar na fase de concurso por ter acadado o/a aspirante, cos méritos xa validados e catalogados, a puntuación máxima na respectiva epígrafe do baremo.

3.2.10 Os méritos que na data de publicación desta convocatoria figuren como validados en Fides/expedient-e permanecerán no dito estado, agás nos supostos en que se aprecie un erro de validación que obrigue á súa modificación.

Os méritos que non consten rexistrados no sistema informático na data de finalización do prazo de presentación de instancias non serán obxecto de valoración.

IV. Acreditación do coñecemento da lingua galega.

Para os efectos de resultar exento/a da realización do exercicio de lingua galega, aqueles/as aspirantes de calquera quenda de acceso, que estean en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, deberán rexistrar este na epígrafe «idiomas» do expedient-e e achegar copia compulsada do mesmo dentro do prazo de presentación da solicitude de participación, salvo que xa conste este título como validado no expedient-e.

Admitirase a súa acreditación ata o último día do prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de admitidos/excluídos.

As persoas aspirantes que non acheguen a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega nos termos establecidos nesta base, deberán realizar o exercicio de lingua galega.

V. Solicitude.

5.1. Formulario de inscrición.

5.1.1. As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo VI, e que logo de formalizada electronicamente deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos apartados 5.2 e 5.3, respectivamente.

O/a aspirante deberá seleccionar no formulario electrónico de inscrición o idioma, galego ou castelán, no que desexa que se lle facilite, na data de exame, o cuestionario de preguntas da parte común e específica da fase de oposición.

5.1.2. Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación ou en calquera dos documentos acreditativos dos requisitos de participación.

As modificacións que, con carácter excepcional, resulte necesario que efectúe o/a aspirante nalgún dos datos contidos na solicitude de participación impresa efectuaranse mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á cal se dirixa a instancia de participación e no cal se indicará con claridade a modificación que se pretende.

Tal solicitude de modificación deberá presentarse, xunto coa instancia que modifica ou copia desta, a través do procedemento e prazo previstos na cláusula 5.2 e 5.3 desta convocatoria.

Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirán as modificacións das solicitudes previamente presentadas.

5.1.3. Os/as aspirantes con discapacidade que o precisen deberán sinalar na solicitude as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, de conformidade co establecido na base 1.3.

5.1.4. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

5.1.5. O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido aos efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do/a aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio do mesmo. O mesmo será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

A Administración convocante poderá comunicar a través de Fides/expedient-e, de forma xeral ou individualizadamente, calquera nova que se produza no desenvolvemento do proceso.

5.1.6. Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación esixida na base 2.5, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico que non acreditase nos termos da base 3.2 e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

5.2. Lugar de presentación.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes,que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

5.3. Prazo de presentación.

As solicitudes de participación poderán presentarse dende o día 9 de xaneiro de 2023 ata o 9 de febreiro de 2023, ambos días incluídos.

VI. Admisión de aspirantes.

6.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión, así como os aspirantes exentos e non exentos da realización do exercicio acreditativo do coñecemento de lingua galega.

6.2. Os/as aspirantes excluídos/as e os/as declarados/as non exentos/as da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión ou a non exención do exercicio de lingua galega.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

6.3. Non se poderá emendar a presentación da solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe o listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as, así como o listado definitivo de exentos e non exentos do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se recoñeza aos/ás interesados/as a posesión de todos os requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprendese que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación no procedemento.

VII. Tribunais.

7.1. A composición dos tribunais de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego do Servizo Galego de Saúde.

7.2. Os tribunais cualificadores do concurso-oposición, para cada unha das categorías que se convocan, serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, publicándose a este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias do órgano convocante, corresponden aos tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas, a cualificación dos/as aspirantes, a emisión de cantos informes sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas en orde ao correcto desenvolvemento das probas selectivas e a resolución de incidencias.

7.3. Os tribunais terán a súa sede, aos efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, situada en San Lázaro s/n, 15703 de Santiago de Compostela.

7.4. Os tribunais estarán compostos por un número de membros non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes.

De conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte do órgano de selección.

Os membros dos tribunais terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das Administracións Públicas ou dos Servizos de Saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema Nacional de Saúde, en praza ou categoría para a que se esixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á esixida para o ingreso.

Os tribunais poderán propoñer ao órgano convocante a incorporación aos seus traballos dos/as asesores/as especialistas ou de apoio que estime oportunos. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

7.5. Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010 ou realicen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente categoría nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/A presidente/a deberá solicitar dos/das membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos/as nas circunstancias previstas no citado artigo 23 da Lei de réxime xurídico do sector público nin nas demais causas de abstención previstas nesta base. Esta declaración deberá ser tamén realizada polos/as asesores/as especialistas previstos e polo persoal auxiliar que o tribunal incorpore aos seus traballos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal e demais persoal colaborador cando concorra neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme ao artigo 24 da Lei de réxime xurídico do sector público.

7.6. A autoridade convocante publicará, no seu caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomeen os/as novos/as membros que teñan que substituír aos que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

7.7. Logo da convocatoria do/a Presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes, coa presenza en todo caso do/a presidente/a e do/a secretario/a. Na dita sesión, o tribunal adoptará as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a asistencia da maioría dos seus membros, con presenza, en todo caso, do/a presidente/a e do/a secretario/a.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións celebradas polo tribunal redactarase a correspondente acta que será asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/a presidente/a.

Resultarán de aplicación á constitución e funcionamento dos órganos de selección as disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7.8. Os acordos dos tribunais que supoñan para o/a interesado/a a imposibilidade de continuar o procedemento poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

7.9. Os tribunais que actúen no proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, de 7 de xuño, actualizado pola Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG nº 138, do 17 de xullo), segundo o acorde o órgano competente na materia.

VIII. Procedemento de selección.

Procedemento de selección.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o sistema de selección será o de concurso-oposición.

8.1. Fase de oposición.

8.1.1. A fase de oposición consistirá na realización dos exercicios que se enumeran no anexo III desta resolución e coa forma e sistema de cualificación nel descritos.

O exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos os dous inclusive) terá carácter obrigatorio e non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción daqueles/as que participen pola quenda de promoción interna que estarán exentos/as da súa realización.

O exercicio da parte específica do programa terá carácter obrigatorio e eliminatorio.

O exercicio que acredita o coñecemento da lingua galega, terá carácter obrigatorio non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción dos/das que acreditasen posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

As respostas incorrectas, nos exercicios de tipo test, penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un vinte e cinco por cento da puntuación asignada á resposta correcta.

No suposto en que deba anularse un número de preguntas dun exercicio superior ao de reserva, o valor de cada resposta correcta será o que resulte de dividir a puntuación máxima acadable no respectivo exercicio entre o número de preguntas válidas que finalmente resulten.

8.1.2. Os/as aspirantes que non superen ou non obteñan o trinta e cinco por cento da puntuación máxima que cómpre acadar no exercicio da parte específica, nos termos do anexo III (17,500 puntos), resultarán eliminados/as.

8.1.3. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios tipo test da fase de oposición sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes. Cando finalicen os exercicios tipo test entregarase a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame. O modelo coas respostas correctas publicarase con posterioridade na páxina web www.sergas.es

Facilitarase aos/ás aspirantes o acceso ao cuestionario de preguntas logo da finalización dos exercicios.

8.1.4. Os exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e á hora que se fixe nunha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde que se publicará no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de antelación de cinco días hábiles, ademais de poder ser anticipada para efectos informativos na web www.sergas.es

De conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, poderanse realizar exercicios conxuntos para varias categorías/especialidades, así como varios exercicios, na mesma data, para a mesma categoría en unidade de acto e de tempo, mesmo cambiando a orde de realización destes. Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios, non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria, quedando prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos, constituíndo causa de inadmisión ao chamamento a simple tenza deles.

8.1.5. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

8.1.6. Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio nun único chamamento, sendo excluídos/as do concurso-oposición os/as que non comparezan. En todo caso, para garantir a unidade de acto, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

8.1.7. No marco das previsións do Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, o Servizo Galego de Saúde permitirá ás mulleres embarazadas ou que desen a luz días antes, e que por estes motivos estean ingresadas o día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición derivados deste proceso selectivos nun centro hospitalario radicado na Comunidade Autónoma de Galicia. Realizarán así mesmo os exercicios no centro hospitalario aquelas embarazadas en situación de incapacidade temporal ou parto recente (unha semana) que por razón desas situacións non poidan desprazarse ao lugar de celebración das probas. Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados nos chamamentos para a realización dos exames, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desprazará a un centro hospitalario radicado na Comunidade Autónoma de Galicia unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que tivesen posto en coñecemento do órgano convocante, cunha antelación mínima de 72 horas á data de realización do exame a situación de embarazo e a súa vontade de realizar a proba no centro sanitario para o suposto de estar ingresadas na data da súa realización e se tivese recibido na Dirección Xeral de Recursos Humanos comunicación e xustificación do seu ingreso en centro hospitalario por tal motivo con anterioridade á realización dos exercicios.

Por razóns temporais e organizativas, unicamente serán atendidas as solicitudes de desprazamento a centro sanitario pola causa exposta que consten debidamente xustificadas na Dirección Xeral de Recursos Humanos cunha antelación mínima de cinco horas á publicada no Diario Oficial de Galicia como hora de inicio das probas.

Para os efectos do disposto nesta base, só se admitirá como medio válido de comunicación o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es

A muller que se atope de parto o día no que se celebren os exercicios da oposición e non sexa posible a realización da proba no hospital, poderá realizala dentro dos 15 días seguintes.

8.1.8. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún/ha dos/as aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do/a interesado/a, deberá propoñer a súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito, o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades nas que puidesen incorrer os/as aspirantes, para os efectos procedentes.

8.1.9. Establécese un prazo único de cinco días hábiles seguintes á publicación dos modelos provisionais de respostas para que os/as interesados/as poidan presentar reclamación contra os exercicios.

Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, modifica a opción de resposta válida ou anula algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Neste último caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións provisionais e as respostas definitivas dos distintos exercicios, que se efectuará na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

8.1.10. Tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao de devandita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Se no mesmo período o tribunal, de oficio, apreciase algún erro na confección aritmética da puntuación obtida na fase de oposición por algún/ha aspirante poderá proceder á súa corrección.

8.1.11. Poderán superar a fase de oposición un número de aspirantes superior ao das prazas convocadas na correspondente categoría/especialidade.

8.1.12. Finalizada na súa totalidade a fase de oposición, publicarase no Diario Oficial de Galicia o acordo de finalización desta fase do proceso.

8.2. Fase de concurso.

8.2.1. De acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro, a valoración da fase de concurso non poderá exceder do corenta por cento da puntuación máxima atinxible no proceso selectivo.

8.2.2. O tribunal poderá requirir, de oficio, dos/as aspirantes ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación da puntuación nesta fase de concurso.

8.2.3. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nos distintos apartados, así como a valoración total da fase de concurso.

Contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2.4. Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, elevando esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2.5. O sistema de desempate efectuarase a favor dos/das aspirantes que tivesen a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e de persistir o empate, pola maior puntuación nos exercicios da parte específica e común do programa, por esta orde. De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do/da aspirante con maior puntuación na fase de concurso e, de ser necesario, sucesivamente por cada apartado da fase de concurso e pola súa orde. Para rematar, decidirá a maior idade do/da aspirante.

8.2.6. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá ser aplicada para superar a fase de oposición.

IX. Relación de aspirantes seleccionados/as e elección de destino.

9.1. Os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo que se estableza na resolución prevista no apartado 8.2.4 para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, no seu caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial no que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos, de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado Rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría á que opta.

9.2. Os/as que dentro do prazo fixado non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

No suposto de aspirantes que non poidan acreditar a capacidade funcional por encontrarse en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual (na categoría á que opta), incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez en virtude dunha resolución que prevé a revisión por melloría, ou que ten sido recorrida, o/a aspirante poderá aportar a documentación que acredite a recuperación da capacidade funcional ata o momento en que remate o prazo fixado para a revisión ou se dite a correspondente resolución, continuando a súa participación no proceso desde ese momento, previa acreditación da recuperación da capacidade funcional.

9.3. Comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as.

En ningún caso se poderá declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

9.4. Nesta mesma resolución aprobarase a relación, por institución sanitaria, de prazas que se oferten aos/ás aspirantes seleccionados/as e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

9.5. De acordo co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, de 22 de xullo as prazas vacantes que se oferten corresponderán sempre a prazas básicas da correspondente categoría.

9.6. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes pola orde de puntuación acadada no concurso-oposición con preferencia a favor dos/das aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna e segundo a prelación de destino/s que tiveran efectuado, que terá carácter vinculante e irrenunciable.

9.7. O acto de elección de destino poderá ser presencial ou telemático. O/a aspirante que, no prazo e conforme ao procedemento que se estableza, non compareza ao acto de elección presencial ou renuncie á elección de praza non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. A mesma consecuencia aplicarase a aqueles aspirantes que nun acto de elección telemático, non tivese seleccionado todos os destinos que se oferten pola orde de prelación que considere, e non resultase adxudicatario/a de ningún polos que tivese optado. Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción polas mesmas, previa acreditación do cumprimento dos requisitos esixidos. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso do aspirante que non resultou adxudicatario.

X. Nomeamento e toma de posesión.

10.1. Unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Non poderán ser nomeados persoal estatutario fixo as persoas aspirantes seleccionadas que no momento de expedir o correspondente nomeamento se encontren en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual (na categoría á que opta), incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez. Neste suposto se a resolución que recoñece a incapacidade prevé a revisión por melloría, ou ten sido recorrida, a participación do/a aspirante no presente proceso quedará en suspenso ata o momento en que remate o prazo de revisión ou se dite a correspondente resolución, procedendo nese momento e previa acreditación da recuperación da capacidade funcional á realización do correspondente nomeamento.

Tampouco poderán ser nomeados persoal estatutario fixo as persoas aspirantes seleccionadas que no momento de expedir o correspondente nomeamento tiveran a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría noutro servizo de saúde.

10.2. Os/as nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo deste prazo iniciarase ao día seguinte ao da publicación á que se refire o punto anterior. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. Non entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

10.3.Presupostos de aplicación da cláusula indemnizatoria da Lei 20/2021 do 28 de decembro de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público A Lei 20/2021, do 28 de decembro de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público establece unha compensación económica para o persoal estatutario interino que, ocupando prazas susceptibles de formar parte da convocatoria extraordinaria de estabilización segundo a Lei 20/2021, estando en activo como tal, vise finalizada a súa relación coa Administración pola non superación do proceso selectivo de estabilización.

A presente convocatoria inclúe prazas recollidas no Decreto 81/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal do Sistema Público de Saúde de Galicia, en desenvolvemento da citada Lei 20/2021, debendo indicar que non procederá indemnizar a aquelas persoas que ocupando prazas da/s categoría/s obxecto desta convocatoria susceptibles de formar parte da convocatoria extraordinaria de estabilización, non resultando adxudicatario/a de praza no proceso selectivo se encontre nalgún dos seguintes supostos:

– Non participen neste proceso selectivo ou participando non se presente as probas selectivas, ou podendo participar en calquera das súas fases non participe ou renuncie á participación no proceso selectivo.

– Resolto o proceso selectivo, non visen finalizada a súa relación coa Administración sanitaria e continúen en activo nalgún nomeamento temporal ou renuncie á súa formalización.

Tampouco procederá indemnizar a aquelas persoas que tendo sido nomeados/as persoal estatutario fixo, non tome posesión da praza.

10.4. Co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións nas que os seleccionados por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de aprobados, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva con independencia da quenda de acceso.

Nomeadamente chamarase ao seguinte aspirante, nos supostos de:

– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.

– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.

– Non presentar a documentación requirida.

– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme ao procedemento establecido.

– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.

– Ser declarado, en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.

Nos supostos previstos no apartado anterior, non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento, adxudicándose ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das devanditas situacións.

10.5. De conformidade coa disposición adicional 2ª do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (DOG núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación, que se impartirán polo Servizo Galego de Saúde.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionado/as que a teñan realizado con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e teña sido debidamente convalidada.

XI. Norma derradeira.

11.1. De conformidade coa disposición adicional novena da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), negociarase en Mesa Sectorial as condicións respecto das bolsas específicas ou da súa integración en bolsas xa existentes para os aspirantes que non superen os procesos selectivos previstas na disposición adicional cuarta de dita lei.

11.2. Esta convocatoria e as súas bases vinculan á Administración, ao tribunal encargado de xulgar o concurso-oposición e aos/ás que participen nel.

11.3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polo tribunal, pola autoridade convocante ou o órgano encargado da xestión, poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

11.4. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta Dirección, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Prazas e titulación

Categoría

Subgrupo

Acceso libre

Promoción interna

Total

Titulación

Terapeuta ocupacional

A2

3

3

6

Título universitario oficial de grao ou diplomado en terapia ocupacional.

ANEXO II

Programa das probas selectivas

Parte común.

Tema 1. A Constitución Española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.

Tema 2. Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

Tema 3. A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións Públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4. A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan.

Tema 5. O Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.

Tema 7. Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

Parte específica.

A parte específica do programa da categoría de terapeuta ocupacional, contense no anexo II da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 13 de decembro de 2019, Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro de 2019.

ANEXO III

Exercicios

1º Exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:

1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de contido teórico da parte específica do programa.

2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 35 % do seu valor (17,500).

2º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do anexo II (temas 1 ao 8, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Nos listados de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste apartado.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nos listados de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste apartado.

3º Exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos/das aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos/as da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego), de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos cales se lles asignarán 5 puntos.

No suposto en que deba anularse un número de preguntas dun exercicio superior ao de reserva, o valor de cada resposta correcta será o que resulte de dividir a puntuación máxima acadable no respectivo exercicio entre o número de preguntas válidas que finalmente resulten.

ANEXO IV

Baremo

1. Formación: 20 % (máximo 8 puntos).

1.1. Formación Académica

– Grao:

1. Estudos da correspondente diplomatura ou grao:

Plan antigo:

– Por cada matrícula de honra: 1,50 puntos.

– Por cada sobresaliente: 1 punto.

– Por cada notable: 0,50 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,5 Cn + 1 Cs + 1,5 Cmh

________________________

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos que, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

b) Posgrao.

1. Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real Decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 1,5 puntos.

2. Título de doutor/a no ámbito das ciencias da saúde: 5 puntos.

3. Premio extraordinario de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde: 0,5 puntos.

4. Máster universitario oficial, máster universitario-título propio, experto universitario, especialista universitario no ámbito das ciencias da saúde:

a. En caso de estar computado en créditos ECTS:

– Título oficial: 0,05 puntos/crédito.

– Título propio: 0,025 puntos/crédito.

b. En caso de estar computado só en horas:

– Título oficial: 0,005 puntos/hora.

– Título propio: 0,0025 puntos/hora.

A titulación de máster débea rexistrar o/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de formación continuada recibida/máster.

Os apartados b.1) e b.2) son excluíntes entre sí.

1.2. Formación Continuada.

a) Pola asistencia, debidamente xustificada, a actividades formativas acreditadas por algún dos órganos acreditadores que integran o Sistema Acreditador da Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, polo Consello Internacional de Enfermería (CIE), polo Consello Europeo de Acreditación da Educación Médica Continuada (EACCME) ou a Asociación Médica Americana (AMA), impartidos por calquera entidade ou organismo público ou privado, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidas directamente á categoría á que se opta.

b) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Servizo Público de Emprego, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidas directamente á categoría á que se opta.

c) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidas directamente á categoría á que se opta.

Valoración:

– Por crédito CFC/ECTS: 0,30 puntos.

– Por hora, crédito CIFCE/EACCME/AMA PRA categoría 1: 0,030 puntos.

A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartisen os anteditos cursos será de 0,060 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste. Se a actividade formativa consta acreditada en créditos EACCME ou AMA PRA e créditos CFC; valorarase coa puntuación asignada a estes últimos.

Non se valorarán os cursos realizados durante o período de especialización que estean incluidos no programa docente da especialidade correspondente.

Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías e con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Así mesmo, valorarase en todo caso a formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios, talleres ou similares, agás que estean debidamente acreditados polos órganos acreditadores que forman o sistema acreditador da formación continuada do Sistema Nacional de Saúde

2. Experiencia: 70 % (28 puntos).

2.a) Baremo xeral.

– Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral pola conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,20 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia doutras Administracións Públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,10 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na mesma categoría pola conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de especialidades de ciencias da saúde de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,07 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría/especialidade de persoal sanitario, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,05 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría profesional distinta das previstas no apartado anterior, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,04 puntos/mes.

2.b) Puntuación específica polo exercicio de dereitos de conciliación:

Polo exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata o máximo de 0,5 puntos:

– Permiso por nacemento e coidado do menor (nacemento, adopción ou acollemento): 0,2 puntos/licencia

– Permiso do outro proxenitor por nacemento e coidado do menor (nacemento, acollemento ou adopción): 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada por motivos familiares: 0,02 puntos/mes.

– Excedencia por coidado de fillos e familiares: 0,02 puntos/mes.

A acreditación de cada unha destas circunstancias deberá efectuarse polo/a aspirante na forma prevista no anexo V.

2.c) Puntuación adicional pola prestación de servizos en centros sanitarios illados

Polos servizos efectivamente prestados nos hospitais públicos de O Barco, Verín, A Mariña, Cee e Monforte de Lemos ou en centros sanitarios do nivel de atención primaria, ubicados nos concellos que se relacionan no anexo IX, caracterizados polo seu illamento: 0,5 puntos/ano completo ou a parte proporcional.

A estes efectos, só se valorarán os servizos que consten ter sido efectivamente prestados en tales centros, con independencia da súa realización ou non en virtude de vínculo directamente formalizado con tales institucións. Os servizos computaranse por número de días.

De conformidade co disposto no anexo V desta convocatoria, non será necesario que o/a aspirante acredite este mérito.

Coa valoración dos puntos 2.b) e 2.c) non se poderá superar a puntuación máxima prevista para o apartado de experiencia profesional.

Normas xerais de valoración:

Primeira.

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada apartado do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, despreciándose os decimais.

En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural, poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.

En ningún caso, un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintos apartados do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría/especialidade, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias, computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas en devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda.

Os servizos prestados durante o período en que se disfrute dunha redución de xornada por algunha das causas legalmente previstas serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período, o/a interesado/a acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

O período de formación para a obtención do título de especialista así como calquera actividade laboral desenvolvida durante o período de formación para a obtención do título de especialista non poderán ser valorados como tempo de servizos prestados.

Os períodos de permiso sen soldo así como a permanencia en situación de servizos especiais valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados na categoría/especialidade para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais en dita categoría.

Terceira.

A experiencia profesional valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título académico que dá acceso á categoría.

Os servizos prestados en virtude dun título expedido por terceiros países valoraranse desde a data de homologación do título da especialidade polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Serán obxecto de valoración no apartado 3) os servizos prestados na mesma categoría en institucións sanitarias privadas con concerto sanitario ou autorización de uso co Sistema Público de Saúde, na data de prestación de servizos, que consten debidamente acreditados.

3. Outras actividades: (10 %) (4 puntos).

a) Docencia universitaria impartida no ámbito das ciencias da saúde: 0,2 puntos/curso académico, ata un máximo de 1 punto.

b) Polo título dunha ou varias especialidades de enfermaría ou titulacións sanitarias recoñecidas no artigo 7 da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, que non sexan requisito para o acceso á categoría en que se participa: 1 punto.

c) Pola autoría de traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboas de valoración:

C.1) Revistas científicas.

– As publicacións deben pertencer a revistas científicas indexadas en InDICEs CSIC, IBECS, Pubmed, Web of Science (Wos), Embase, PsycINFO, catálogo Latindex, CINAHL ou nalgunha das revistas indexadas en Cuiden que se relacionan no anexo VIII. Non serán obxecto de valoración as publicacións realizadas en revistas non indexadas nas bases de datos referidas.

Tales publicacións valoraranse nos seguintes termos:

1. Os artigos científicos (orixinal, orixinal breve, revisión, revisión sistemática, meta-análise e guías de práctica clínica) publicados en revistas con factor de impacto do Journal Citation Report (JCR) ou Scimago Journal Range (SJR) na data de publicación da convocatoria: 0,40 puntos.

2. Os artigos científicos (orixinal, orixinal breve, revisión, revisión sistemática, meta-análise e guías de práctica clínica) publicados en revistas sen factor de impacto: 0,15 puntos.

3. Editoriais, cartas, artigos de opinión, técnicas e procedementos, de carácter científico ou de investigación, publicados en revistas con factor de impacto do Journal Citation Report (JCR) ou Scimago Journal Range (SJR) na data de publicación da convocatoria: 0,10 puntos. Non serán obxecto de valoración as notas clínicas, resumos de comunicacións e casos clínicos.

C.2) Libros ou capítulos de libros.

– Capítulo de libro: 0,10 puntos.

– Libro completo: 0,30 puntos.

Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Non terán a consideración de libro aínda que adopten esta forma de edición as actas de congreso.

Por non reunir a condición de traballo científico e de investigación non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso á formación sanitaria especializada e ao emprego público, cursos de formación continuada, protocolos de servizo, libros de casos clínicos, sesións interhospitalarias e demais que así se aprecien polo respectivo órgano de selección.

Por ser obxecto de valoración tal mérito noutro apartado do baremo, non se lle asignará ningunha puntuación neste apartado ás publicacións de teses de doutoramento.

Non serán obxecto de valoración as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por tales aquelas publicacións financiadas ou promovidas por algún dos seus autores ou nas que este figure como editor.

No suposto de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación que, da documentación presentada polo/a aspirante quede suficientemente acreditada a participación concreta na mesma. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación na que interveñen un mínimo de catro autores.

Os capítulos de libro nos que participen catro ou máis autores non serán obxecto de valoración.

Normas comúns de valoración de libros e revistas.

– En ningún caso, un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións poderá ser obxecto de máis dunha valoración.

– Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo.

Para os efectos deste baremo, non terán a consideración de autor da publicación, o coordinador, director e outros colaboradores.

d) Por cada premio de investigación outorgado a traballos de investigación orixinais publicados, premios a comunicacións en congresos científicos e premios de recoñecido prestixio a traxectorias científicas, outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto:

– Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos.

– Premio de ámbito nacional: 0,15 puntos.

– Premio de ámbito autonómico/local: 0,10 puntos.

e) Proxectos de investigación:

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación financiados por organismos públicos:

a. Como investigador principal:

– Proxectos internacionais: 2 puntos.

– Proxectos nacionais:1 punto.

– Proxectos autonómicos: 0,30 puntos.

b. Como investigador colaborador:

– Proxectos internacionais: 1 punto.

– Proxectos nacionais: 0,30 puntos.

– Proxectos autonómicos: 0,10 puntos.

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación en convocatorias competitivas financiados por organismos privados nacionais ou internacionais:

– Como investigador principal: 0,30 puntos.

Os proxectos de investigación non competitivos non serán baremables.

Non se considerarán parte do equipo investigador o persoal contratado a cargo do proxecto nin as colaboracións puntuais no mesmo.

f) Estadías formativas en centros de investigación nacionais ou estranxeiros: 0,05 puntos/mes completo.

Aos efectos deste proceso selectivo teñen a condición de centros de investigación os centros receptores nos que os profesionais desenvolvan actividades de investigación, trátese de centros do SNS, Universidade, Organismos Públicos de Investigación (OPIS) e, en xeral, calquera centro de investigación dependente da Administración Pública española ou estranxeira, que conten con grupos de investigación de traxectoria acreditada en biomedicina e ciencias da saúde.

As estadías clínicas para a mellora de habilidades ou a aprendizaxe de técnicas innovadoras, que consten debidamente acreditadas consonte o Sistema acreditador da Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, serán obxecto de valoración no apartado de formación continuada.

g) Patentes:

– Solicitada e aceptada: 1 punto.

– En explotación: 2 puntos.

h) Por ter completado o programa de formación en investigación Río Hortega para profesionais que teñan finalizado a súa formación sanitaria especializada: 1 punto.

Este mérito debe rexistralo electronicamente o/a aspirante en Fides/expedient-e, na epígrafe de «Outros méritos».

i) Puntuación específica por prestación de servizos durante a situación de emerxencia sanitaria orixinada polo coronavirus SARS-CoV-2:

Os servizos prestados na mesma categoría a que opta a persoa aspirante, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas ou privadas concertadas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza, no período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 9 de maio de 2021, valoraranse neste apartado cunha puntuación adicional, equivalente á puntuación asignada a cada un destes méritos na epígrafe de experiencia profesional, apartado 2.a) deste baremo.

ANEXO V

Procedemento de acreditación de méritos

a) Formación Académica

Acreditarase, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo Ministerio competente ou certificación da respectiva Universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo/a aspirante e data en que foron causados. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro achegarase xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento ou homologación da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

O expediente académico e cualificacións obtidas requiren, para a súa valoración, a presentación da certificación de recoñecemento ou equivalencia oficial.

Supostos específicos.

a) A acreditación da formación máster efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da Universidade en que conste ter sido superada polo/a aspirante a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización e o número de horas ou créditos ECTs asignados á dita actividade formativa.

Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo nos supostos en que non quede suficientemente acreditado a relación do seu contido co ámbito das ciencias da saúde.

b) Formación continuada

a)Recibida: Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada ou electrónica auténtica do certificado de asistencia ao curso no que deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo ou categoría/s destinataria/s.

No suposto de cursos acreditados pola Comisión Nacional ou autonómica de Formación Continuada deberá constar o logotipo da respectiva comisión e ademais o número de expediente se se trata de actividades formativas posteriores a abril de 2007.

Normas específicas para a formación en liña. Valoraranse aqueles diplomas de cursos en liña en que conste o número de créditos, número de expediente e logotipo da Comisión de Formación Continuada. Non será necesario que conste o número de expediente se se trata de cursos anteriores a abril de 2007.

Serán válidos ademais aqueles diplomas asinados dixitalmente por Dixital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección. Noutro suposto deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa que conterá toda a información exixida neste punto.

No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro de ditas datas.

Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos nos que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada.

Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica.

O órgano de selección resérvase o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado en liña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

b)Impartida: Acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante na cal deberá constar o contido da actividade formativa así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito

c) Formación especializada

No suposto de titulacións obtidas en España, acreditarase tal mérito mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo Ministerio competente ou certificación emitida pola respectiva Comisión de Docencia ou Rexistro Nacional de especialistas en formación do Ministerio de Sanidade de ter completado o período de formación conducente á obtención do título da respectiva especialidade, que deberá indicar a data de superación.

No suposto de titulacións obtidas noutros Estados da Unión Europea achegarase xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberán acreditarse coa achega da copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e documento de homologación ou validación expedido polo Ministerio de Educación español.

Noutro suposto, non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

d) Docencia universitaria

A docencia universitaria impartida acreditarase mediante certificación da respectiva universidade na cal se fará constar expresamente o cargo docente, tipo de vinculación, departamento ou área de coñecemento na que se impartiu a docencia e datas de inicio e fin da vinculación.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado o mérito.

e) Docencia de formación especializada

Acreditarase mediante certificación asinada pola Comisión de Docencia do centro ou, de ser o caso, comisión de docencia da unidade docente onde se tivese impartido a mesma, na que deberá constar expresamente os períodos de desenvolvemento de tal actividade e condición na que se impartiu. A participación como xefe/a de estudos acreditarase mediante certificación asinada polo/a director/a xerente da institución sanitaria correspondente. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

f) Experiencia Profesional

A experiencia profesional en institucións públicas acreditarase mediante certificación emitida pola Dirección de Recursos Humanos do centro ou órgano equivalente na cal deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial).

A experiencia profesional en centros privados acreditarase mediante certificación da empresa na cal deberá constar a información arriba indicada, ou contrato laboral. En ambos os supostos xunto coa citada documentación deberá presentarse un informe de vida laboral emitido polo INSS.

No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar expresamente a naturaleza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso a experiencia profesional non será obxecto de valoración.

No suposto de institucións sanitarias privadas concertadas deberá quedar debidamente acreditado no certificado a existencia dun concerto co respectivo servizo de saúde autonómico ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea nos períodos de vinculación. Noutro suposto, tal mérito non será valorado.

No suposto de institucións sanitarias privadas acreditadas para a docencia, deberá quedar debidamente acreditado no certificado que se achegue a condición de institución acreditada no ámbito do SNS ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea para a formación de especialidades de profesións sanitarias.

A actividade de investigación acreditarase mediante copia compulsada do contrato ou nomeamento administrativo no que conste a súa vinculación como persoal investigador, datas de inicio e fin e a pertenza ao Sistema Sanitario Público da institución sanitaria por cuxa conta e dependencia se realiza a actividade de investigación. Noutro suposto, tal mérito non será obxecto de valoración.

Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade así como a condición de centro concertado co Servizo Galego de Saúde.

Puntuación específica por conciliación

As situacións de permiso por paternidade e maternidade, redución de xornada por motivos familiares e excedencia por coidado de fillos/as e familiares acreditaranse mediante certificación da súa concesión expedida pola Dirección do centro na que deberán constar as datas de inicio e fin.

O persoal fixo ou temporal que nos últimos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria viñese prestando os seus servizos no SERGAS non terá que presentar ningunha documentación acreditativa de tales situacións.

g) Publicación de traballos científicos e de investigación

Revistas científicas indexadas en Pubmed. Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación.

Revistas científicas indexadas en InDICEs CSIC, IBECS, Web of Science (Wos), Embase, PsycINFO, catálogo Latindex, CINAHL e CUIDEN. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivamento de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

Libros/capítulos de libro editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, editorial, o seu depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivo de publicacións, na cal se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

h) Premios de investigación

Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do diploma de concesión. Se no diploma non consta expresamente o seu ámbito, deberá complementarse tal documentación coa achega das bases de convocatoria do premio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

i) Proxectos de investigación

A participación como investigador principal nun proxecto de investigación acreditarase mediante copia da publicación oficial da resolución de convocatoria, sempre que consten os datos necesarios para identificar o proxecto e o investigador, ou certificado de participación expedido polo organismo financiador ou organismo público competente, no que consten os datos identificativos do interesado e do proxecto no que participa.

A participación como investigador colaborador acreditarase mediante a presentación da copia de resolución de convocatoria se nela consta tal participación. O/a aspirante deberá constar como parte do equipo investigador definido no documento de solicitude do proxecto ou en documento posterior que así o acredite no caso de que houbera cambios no equipo investigador ao longo da súa vixencia.

No suposto de que o organismo convocante non expida certificados de participación deberá achegarse certificado asinado polo investigador principal ou organismo público competente que acredite a concesión do proxecto de investigación ao investigador principal así como a identidade dos investigadores colaboradores.

Noutro suposto, non se entenderán debidamente acreditados tales méritos.

j) Estadías formativas

Acreditaranse mediante certificación do responsable da estadía (director do centro) ou do organismo público concedente da axuda (no caso de estadías financiadas no marco dun programa de recursos humanos), na que se faga constar o obxecto da estadía e as datas de inicio e fin.

Non serán tidas en conta as rotacións externas realizadas durante o período formativo da respectiva especialidade.

k) Patentes

As patentes solicitadas e aceptadas acreditaranse coa inscrición no Rexistro de Patentes.

As patentes que se encontren en explotación acreditaranse coa achega do acordo de explotación da patente.

l) Programa de formación en investigación Río Hortega

Este mérito deberá ser rexistrado electronicamente polo/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de «outros méritos».

Acreditarase este mérito mediante contrato de traballo asinado entre o/a candidato/a e a entidade beneficiaria, xunto ao cal se achegará informe de vida laboral expedido polo INSS.

m) Compulsa de documentos

As copias dos documentos acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar cotexadas/autenticadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións.

Todas as referencias contidas nestas bases á exixencia de copia compulsada dun documento se fan extensivas, nos mesmos termos, á copia electrónica auténtica.

n) Tradución de documentos

Os títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberán acompañarse da súa tradución ao castelán ou galego, que deberá efectuarse:

– Por tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

– Por calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

– Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida.

ANEXO VI

Instrucións de acceso ao expediente electrónico (Fides)

A Oficina Virtual do Profesional (Fides) constitúe o punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e os/as profesionais cos que mantén unha vinculación, así como coas persoas aspirantes e profesionais doutros servizos de saúde que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo, configurándose como a plataforma de acceso ao expediente electrónico do/da profesional ou aspirante.

O acceso a Fides, poderase realizar desde:

– Internet (profesionais do Servizo Galego de Saúde e procedentes doutros servizos autonómicos de saúde)

– A Intranet do Servizo Galego de Saúde (só dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e desde equipos informáticos situados fisicamente na rede corporativa).

1. Acceso desde a internet.

1.1. Acceso desde a internet con certificado dixital.

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde así como os que procedan doutro servizo de saúde autonómico poderán acceder desta forma a Fides a través do enderezo http://fides.sergas.es

É requisito indispensable dispoñer dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).

Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través de Internet (no enderezo www.cert.fnmt.es), ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).

Se o usuario xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.

Pola súa parte, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.

Para a identificación do usuario mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico, será preciso, con carácter xeral, dispoñer dunha lectora de tarxetas. Non se requirirá lectora de tarxetas unicamente no suposto de dispoñer dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipo.

Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (Punto de Acreditación Electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención especializada e atención primaria do organismo.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os/as profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde, así como aqueles profesionais procedentes doutros servizos de saúde que nalgún momento do pasado tiveran algún tipo de vinculación co citado organismo, serán, tanto o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo, así como ao resto de funcionalidades existentes na Oficina Virtual do Profesional (Fides).

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo co Servizo Galego de Saúde serán, tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

A primeira vez que un profesional acceda con certificado dixital a Fides, solicitaráselle que cumprimente un formulario de alta con datos básicos.

1.2. Acceso desde a internet sen certificado dixital.

O acceso a Fides desde a internet sen certificado dixital pode efectuarse a través do enderezo http://fides.sergas.es, mediante o sistema Chave 365, que permite aos/ás cidadáns/cidadás maiores de idade identificarse tanto en Fides como na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Pódese atopar toda a información relativa ao sistema Chave 365 neste enderezo: https://sede.xunta.gal/chave365

2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.

Esta vía so estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipos informáticos situados físicamente na rede corporativa do citado organismo.

Os/as profesionais cun vínculo activo terán, mediante este sistema, acceso á totalidade de servizos e funcionalidades de Fides, incluído o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica nos procesos de selección e provisión.

O acceso a Fides realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.

3. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.

Na sede electrónica do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura a disposición dos aspirantes un manual de instrucións sobre o acceso e funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados nos que pode atopar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación a achegar.

4. Buzón de correo electrónico.

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación con este procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas

ANEXO VII

Modelo de autoliquidación de taxas

missing image file

ANEXO VIII

Catálogo de revistas CUIDEN

Título da revista

Abreviatura

ISSN

Actualizaciones en Enfermería

Actual Enferm -Col-

0123-5583

Àgora d'Infermeria

AgInf

1575-7668

Alborán de Enfermería

Alborán

1696-733X

Anales de la Escuela Universitaria de Ciencias de la Salud de Zaragoza

Anal Cienc Salud

1139-7101

Archivo Hospitalario

Archivo Hospitalario

1697-5413

Archivos de la Memoria

Arch Memoria

1699-602X

Avances en enfermería

av.enferm.

impreso: 0121-4500/ digital: 2346-0261

Biblioteca Lascasas

Biblioteca Lascasas

1885-2238

Boletín de Enfermería Comunitaria

Bol Enferm Comunit

1577-1539

Boletín Informativo de la Sociedad Española de Enfermería en Cardiología

AEC

1134-8054

Boletín Informativo de la Sociedad Española de Enfermería Nefrológica

BISEDEN

1131-4710

Cadernos de Terapia Ocupacional da UFSCar

Cad. Ter. Ocup. UFSCar

0104-4931 / 2238-2860

Ciber Revista: enfermeriadeurgencias.com

Ciber Revista -Esp-

1579-5527

Ciencia y Enfermería

Cienc enferm -Chi-

0717-2079

Ciência, Cuidado e Saúde

Ciência, Cuidado e Saúde

1677-3861

Clínicas de Enfermería de Norteámerica

Clin Enferm de Norteamérica

0186-0402

Cogitare Enfermagem

Cogitare Enferm

1414-8536

Comunicación enfermera

Comunic Enferm

1135-4259

Constantes

Constantes

D.L.: CO-734-1992

Cuestiones de Fisioterapia

Cuest Fisiot -Esp-

1135-8599

Cuidando la Salud

Cuid Salud

1696-1005

Cuidar y Educar

Cuid y Educ

1695-6621 ISSNe 1695-663X

Cultura de los Cuidados

Cul Cuid

1138-1728

Cultura del Cuidado ENFERMERIA

Cult. cuid. enferm.

1794-5232

Cultural Dynamics

CD

0921-3740

Desarrollo Científico de Enfermería

Desarrollo Científ Enferm -Méx-

1405-0048

Documentos de enfermería

Doc Enferm

1136-2243

E-ducare21. Revista electrónica de formación enfermera

Educare21 -Esp-

1696-820 (-2005) 14582-214 (2006)

EDTNA/ERCA Journal

EDTNA/ERCA Journal

1019-0872

EGEH. Enfermería en Gastroenterología y Hepatología

EGEH

1578-4533

El Col.legi

El Col.legi

0214-264X

El Correo AENTDE

AENTDE

1138-354

ENE Revista electrónica de Enfermería

Ene (desde 2018) Rev ENE Enferm (hasta 2017)

1988-348X / 1198-348X

Enfermagem em Foco

Enferm Foco

2177-4285

Enfermería (Colegio Oficial de Enfermería de Murcia)

Enferm Murcia

1138-6878

Enfermería actualidad

Enferm Actualidad

1135-4097

Enfermería científica altoaragonesa

Enfermería Científica Altoaragonesa

2603-8730

Enfermería comunitaria

Enferm Comunitaria (Gran)

1699-0641

Enfermería Cuidándote

Enferm. Cuid.

2695-9364

Enfermería de Jaén

Enferm Jaén

1888-6094

Enfermería Dermatológica ANEDIDIC

Enferm Dermatol

1888-3109

Enfermería Docente

Enferm Docente -Esp-

1131-2335

Enfermería en Anestesia-Reanimación y Terapia del dolor

Enferm Anest

1579-8240

Enfermería en Cardiología

Rev Enferm Cardiol -Esp-

1575-4146

Enfermería en Endoscopia Digestiva

Enferm Endosc Dig

2341-3476

Enfermería Facultativa

Enferm Facultativa -Esp-

1697-9044

Enfermería Gaditana. Revista del Excmo. Colegio Oficial de Enfermería de la Provincia de Cádiz

Enferm Gaditana -Esp-

1887-6986

Enfermería Integral

Enferm Integral

0214-0128

Enfermería Intensiva

Enferm Intensiva

1130-2399

Enfermería Oncológica

Enferm Oncológica

1576-5520

Enfermería radiológica

Enferm Radiológica

1137-5698

Enfermería universitaria

Enferm Universitaria -Mex-

1665-7063 (impreso) 2395-8421 (digital)

Enfermería: Cuidados humanizados

Enfermería (Montev.)

1688-8375 papel, 2393-6606 online

Enfoque la Revista Científica de Enfermería

Enfoque

1816-2398

Enfuro

Enfuro

0210-9476

Escola Anna Nery Revista de Enfermagem

Esc. Anna Nery R. Enferm. -Bra-

1414-8145

Evidentia. Revista de Enfermería Basada en la Evidencia

Evidentia

1697-638X

Excelencia Enfermera

Excel Enferm

1698-0530

Garnata 91

Garnata

1134-1858

Gestión Clínica y Sanitaria

GCS

1575-7811

Híades

Híades

1134-5160

Historia da Enfermagem– Revista Electrónica

HERE

2176-7475

Horizonte de Enfermería

Horizonte Enferm -Chi-

0716-8861

Hospital

Hospital

1374-321X

Hygia (Sevilla)

Hygia

1137-7178

Hygia de enfermería

Hygia de Enfermería

1576-3056

Iaso. Revista Científica del Colegio Oficial de Enfermería de Almería

Iaso

1135-4828

Infermeria de Barcelona

Infermeria de Barcelona

1137-7879

Inquietudes

Inquietudes

papel1135-2086 digital 2254-7266

International Nursing Review (en español)

Int Nursing Rev

1577-9378

Internet Journal of Advanced Nursing Practice

IJANP

1523-6064

Investigación & Cuidados. Revista de la Organización Colegial de Enfermería de la Comunidad Valenciana

Invest & Cuid

1698-4587

Investigación en enfermería: imagen y desarrollo

Inv Enf

0124-2059 impreso / 2027-128X online

JANO

JANO

0210-220X

Journal of Child and Adolescent Psychiatric Nursing

JCAPN

1073-6077

Journal of Community Nursing

JCN

0263-4465

Journal of Nursing and Health

J Nurs Health

2236-1987

La enfermeria en datos

Enfer & Datos

2792-9167

MEDWAVE – Enfermería

Medwave -Chi-

 0717-6384

Natura Medicatrix

Natura Med

0212-9078

Nosocomio

Nosocomio

1133-3847

Notas de Enfermería

Notas Enferm

1130-734X

Noticias de Enfermería

Notic Enferm

1130-2410

Nuberos

Nuberos

1699-7042

Nuberos Científica. Revista de la Fundación de la Enfermería de Cantabria

Nuberos cientifica

2173-822X

Nure Investigación

Nure Inv

1697-218X

Nurse Education Today

NEDT

0260 6917

OB Stare: el Mundo de la Maternidad

OB Stare

1578-0562

Onco.news

Onco.news

1646-7868

Oncology Nurses Hoy

Oncology Nurses

1386-1301

Online Brazilian Journal of Nursing

OBJN

1676-4285

Paginasenferurg.com

Pag Enferurg

1989-2829

Paraninfo Digital

Rev Paraninfo Digital

1988-3439

Pensar Enfermagem

Pensar Enferm

0873-8904

Presencia

Presencia

1885-0219

Publicación Científica para Enfermería. Colegio Oficial de Enfermería de Alicante

Publ Científ Enferm

0214-7505

Pulso

Pulso

1137-8913

Revista Andaluza de Medicina del Deporte

Rev Andaluza Med Deporte

1888-7546

Revista Bioethikos

Rev Bioethikos

1981-8254

Revista Brasileira de Enfermagem

REBEn

0034-7167

Revista Ciencia y Cuidado

Rev. Cienc. Cuidad.

2322-7028 (Elect.) 1794-9831 (Imp.)

Revista Colombiana de Enfermería

Rev. Col. Enf.

1909-1621digital1665-7063

Revista CUIDARTE

Rev Cuid

2216-0973; E:2346-3414

Revista da Faculdade Santa Marcelina

Faculdade Santa Marcelina em Revista -Bra-

1806-5058

Revista de Educación e Investigación en Enfermería

Rev. Aladefe

2174-6915

Revista de Enfermagem da UFSM

R. Enferm. UFSM

2179-7692

Revista de Enfermagem da Universidade Federal do Piauí

REUFPI

2238-7234

Revista de Enfermagem do Centro-Oeste Mineiro

R. Enferm. Cent. O. Min.

2236-6091

Revista de Enfermagem e Atenção à Saúde.

2317-1154

Revista de Enfermagem Referência

Referência

0874-0283

Revista de Enfermagem UFPE On Line

Rev Enferm UFPE On Line

1981-8963

Revista de enfermería del Instituto Mexicano del Seguro Social

Rev Enferm IMSS -Méx-

0188-431X

Revista de Enfermería Gerontológica

Rev Enferm Gerontológica

2444-1473

Revista de enfermería neurológica.

Enf Neurológica

1870-6592

Revista de Enfermería. Publicación de la Escuela Universitaria de Enfermería de Albacete

Enferm Univ Albacete

1131-7957

Revista de la Asociación Española de ATS en Urología

Rev AE ATS Urolog

0210-9476

Revista de la Asociación Española de Enfermeras en VIH/SIDA

Rev AE Enf VIH

1575-3549

Revista de la Asociación Española de Enfermería en Urología

Rev AE Enferm Urolog

0210-9476

Revista de la Asociación Española de Enfermería Quirúrgica

AEEQ

2340-6070

Revista de la Escuela de Enfermería La Fe de Valencia

Rev EUE La FE

1139-837X

Revista de la sociedad española de enfermería radiológica

RSEER

1698-0301

Revista de Pesquisa (Universidade Federal do Estado do Rio de Janeiro.

1809-6107

Revista de Pesquisa.

2175-5361

Revista de Rede de Enfermagem do Nordeste

Rev RENE

1517-3852// e2175-6783

Revista Eletrônica de Enfermagem

REE -Bra-

1518-1944

Revista Enfermagem Atual In Derme

Rev Enferm Atual In Derme

Impresa; 1519-339X Online: 2447-2034

Revista Enfermería del Trabajo

Enferm Trab

2174-2510

Revista enfermería Herediana

Rev enferm Herediana

1998-5487

Revista Enfermería. Publicación Oficial del Colegio de Enfermeras de Chile, A.G

Revista Enfermería

0378-6285

Revista española de perfusión

Rev. Esp. Perfusión

2659-5829papel/ 2659-5826online

Revista Ética de los Cuidados

Rev Etica de los cuidados

1988-7973

Revista gaúcha de enfermagem

Rev Gaúcha Enferm

0102-6933

Revista Iberoamericana de Enfermería Comunitaria

RIdEC

1988-5474

Revista InfoTrauma

InfoTrauma

1698-5443

Revista Internacional de Enfermería

Rev Int Enferm

0211-9617

Revista investigação em enfermagem

Revista Investigação em Enfermagem -Por-

0874-7695

Revista mexicana de enfermería cardiologica

Rev Mex Enferm Cardiológica

1405-0315

Revista Mineira de Enfermagem

Reme -Bra-

1415-2762

Revista Nursing -edición brasileña-

Revista Nursing -Bra-

1415-8264

Revista panamericana de enfermería

Rev Panam Enferm -Méx-

1679-7485

Revista Paulista de Enfermagem

Rev Paul Enf

0100-8889

Revista Portuguesa de Enfermagem de Reabilitação

RPER

eISSN:2184-3023 pISSN: 2184-965X

Revista Rol de Enfermería

Rev ROL Enferm

0210-5020

Revista Saúde coletiva

Saúde coletiva -Bra-

1806-3365

Revista Técnico-científica de Enfermagem

RECENF

1677-7271

Revista Tesela. Revista de la Asociación Nacional de Directivos de Enfermería

Rev Tesela

1887-2255

RN (Revista de Formación Continuada en Enfermería)

RN

1132-6220

RQR Enfermería Comunitaria

RqR

2254-8270

RSanus

SANUS

2448-6094

Salud y Ciencia

Sal Ciencia

1136-8845

Salud y Cuidados

Sal Cuid

1578-9128

Salut

Salut

0214-3631

Scientia: Revista de Ciencias de la Salud

Scientia

1135-9528

SEDENE. Publicación Oficial de la Sociedad Española de Enfermería Neurológica

SEDENE

2013-1836 / D.L.: A-391-2000

Semap. Boletín de la Sociedad de Enfermería Madrileña de Atención Primaria

Semap

1577-242X

Sensus Enfermería

Sensus -Esp-

1579-7066

Sesiones para la Salud

Ses Salud

1131-5415

SMAD Revista Eletrônica Salud Mental Álcool y Droga

SMAD, Rev. Eletrônica Salud Mental Álcool Drog

1806-6976

SOBECC, em Revista

Rev SOBECC

1414-4425

Temas de Enfermería

Temas de Enferm

1131-4338

Temas de Enfermería Actualizados

Temas Enferm Act

0328-5057

Temperamentvm

Temperamentvm

1699-6011

Tempus Vitalis. Revista Electrónica Internacional para el Cuidado del Paciente Crítico.

Tempus Vitalis -Esp-

1578-5963

Terapia Ocupacional, Revista informativa de la asociación profesional española de terapeutas ocupacionales

Terapia Ocupacional

1575-5606

Texto & Contexto: Enfermagem

Texto Contexto Enferm

0104-0707

Todo Enfermería

Todo Enferm

1133-3650

Visión de Enfermería Actualizada

VEA

1669-385X

ANEXO IX

Concellos con condición de illamento

Area sanitaria

Concellos

A Coruña e Cee

Cabana de Bergantiños

Laxe

Camariñas

Muxía

Dumbría

Ponteceso

Fisterra

Zas

Ferrol

Cariño

Mañón

Monfero

Ortigueira

Santiago de Compostela e Barbanza

Agolada

Rodeiro

Boimorto

Toques

Carnota

Santiso

Dozón

Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Alfoz

Nogais (As)

Barreiros

Pedrafita do Cebreiro

Cervantes

Pontenova (A)

Folgoso do Caurel

Quiroga

Fonsagrada (A)

Ribas de Sil

Lourenzá

Ribeira de Piquín

Mondoñedo

Riotorto

Navia de Suarna

Trabada

Negueira de Muñiz

Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Avión

Monterrei

Beariz

Muiños

Barco (O)

Oimbra

Bolo (O)

Padrenda

Calvos de Randín

Petín

Castrelo do Val

Pobra de Trives (A)

Chandrexa de Queixa

Pontedeva

Carballeda de Valdeorrras

Riós

Cualedro

Rúa (A)

Entrimo

Rubiá

Gudiña (A)

San Xoan de Río

Larouco

Veiga (A)

Laza

Verín

Lobios

Viana do Bolo

Manzaneda

Vilardevós

Mezquita (A)

Vilariño de Conso

Montederramo

Vilamartín de Valdeorras

Pontevedra e O Salnés

O Grove

Vigo

Arbo

Oia

Crecente

Pazos de Borbén

Covelo (O)

Rosal (O)

Fornelos de Montes

Tui

Guarda (A)