BDNS (Identif.): 666115.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os pescadores enrolados en buques pesqueiros ou, segundo o caso, con titulación que permita desenvolver a actividade pesqueira.
Segundo. Finalidade
As axudas terán como finalidade a primeira adquisición dun buque de pesca.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 15 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2023 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE119A).
Cuarto. Importe
Para o ano 2023 as axudas concederanse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2023, e o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario é o seguinte:
Aplicación orzamentaria: 15.02.723A.780.0.
Importe: 300.000 € para a adquisición dun buque de pesca.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2022
Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar