Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que o 28 de noviembre de 2022 esta xefatura territorial resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 39 dos estatutos sociais relativo ao capital social mínimo da entidade Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 28 de agosto de 2022. O novo capital social mínimo é 194.273,33 €.

Ourense, 28 de novembro de 2022

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense