Mediante a Orde do 2 de agosto de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto de 2022, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e de acordo co procedemento previsto no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro
Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado pola Orde do 2 de agosto de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 153, do 11 de agosto).
Segundo
Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo da presente orde.
Terceiro
O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.
O persoal funcionario de carreira que incumpra os prazos de toma de posesión será declarado de oficio na situación de excedencia voluntaria por interese particular.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Cuarto
O/a xefe/a do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.
Quinto
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2022
Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
ANEXO I
Apelidos e nome: |
Seijo Pico, Rocío |
NRP: |
****708502A1135 |
Subgrupo: |
C1 |
Denominación do posto de traballo: |
secretario/a do/da director/a xeral |
Código do posto de traballo: |
IV.A10.00.000.15770.001 |
Centro directivo: |
Axencia Galega de Infraestruturas |
Localidade: |
Santiago de Compostela |
Corpo/escala: |
2059-Corpo auxiliar da Admón. xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. 2053-Corpo administrativo da Admón. xeral da Comunidade Autónoma de Galicia |
Grupo: |
C1/C2 |
Nivel: |
18 |
Complemento específico: |
7.201,18 euros |
Tipo de adscrición: |
adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. |
Formación específica: |
640-Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.) |