Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2413

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

ANUNCIO do 30 de decembro de 2022 de corrección de erros do Anuncio do 26 de decembro de 2022 polo que se dá publicidade da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías de adxunto/a de laboratorio e técnico/a especialista de investigación.

Advertido erro no texto do citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 248, do venres 30 de decembro de 2022, procede efectuar a seguinte corrección:

Onde di: «O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o 16 de xaneiro de 2023».

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

Ángel Carracedo
Director executivo da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica