Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2399

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO da convocatoria dos procedementos de selección da oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022.

Pola Resolución da Alcaldía do 26 de decembro de 2022 aprobáronse as bases xerais e específicas que regulan os procedementos selectivos sobre as prazas presentes na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, que foron publicadas integramente no BOP de Pontevedra núm. 249, do 30 de decembro de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A Cañiza, 30 de decembro de 2022

Luis Antonio Gómez Piña
Alcalde