No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 298, do 30 de decembro de 2022, convocáronse os procesos selectivos e publicáronse integramente as bases dos procedementos de estabilización de emprego temporal para a provisión das prazas correspondentes á oferta de emprego público excepcional aprobada mediante o Decreto da Alcaldía número 2022-0225, do 12 de maio de 2022, publicada no BOP da provincia de Lugo número 113, do 19 de maio de 2022, e que a seguir se relacionan:
Número de prazas |
Praza |
Réxime xurídico |
Forma de selección |
1 |
Axente de emprego e desenvolvemento local |
Laboral fixo |
Concurso |
1 |
Traballador/a social |
Laboral fixo |
Concurso |
1 |
Aux. administrativo/a |
Laboral fixo |
Concurso |
1 |
Aux. administrativo/a |
Funcionario de carreira |
Concurso |
1 |
Técnico/a de deportes |
Laboral fixo |
Concurso |
1 |
Oficial/a de primeira fontaneiro/a - S. de Augas |
Laboral fixo |
Concurso |
1 |
Operador/a de pa |
Laboral fixo |
Concurso |
2 |
Condutor/a |
Laboral fixo |
Concurso |
3 |
Peón/a |
Laboral fixo |
Concurso |
2 |
Peón/a - servizo de limpeza viaria |
Laboral fixo |
Concurso-oposición |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
A Fonsagrada, 30 de decembro de 2022
Carlos López López
Alcalde