Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2653

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de corrección de erros da Resolución 1561/2022, do 29 de novembro.

A Resolución da Alcaldía núm. 1603/2022, do 7 de decembro, corrixe a Resolución núm. 1561/2022, publicada no BOP núm. 230, do 5 de decembro, no que se refire ás bases específicas e á convocatoria dunha praza de educador/a familiar, persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, que quedan redactadas segundo a Resolución publicada no BOP núm. 234, do 13 de decembro de 2022.

O que se publica para efectos de xeral coñecemento e da interposición polas persoas interesadas dos recursos que se consideren oportunos.

Teo, 13 de decembro de 2022

Rafael Carlos Sisto Edreira
Alcalde