Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2650

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riós

ANUNCIO do proceso de estabilización de emprego temporal.

Unha vez aprobada a oferta de emprego público do ano 2022 publicada no DOG núm. 96, do 19 de maio de 2022, así como as bases da convocatoria para cubrir as seguintes prazas: mestre/a de educación infantil e técnico/a de xardín de infancia, mediante sistema de concurso, e chofer de máquina rozadoira, mediante o sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, publicaranse de conformidade co establecido nas bases.

Riós, 14 de decembro de 2022

Eva María Barrio López
Alcaldesa