Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procedemento ordinario 360/2022.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 360/2022 (procedemento ordinario), de Joaquín Manuel Serrano Arreba, contra:

• A desestimación presunta do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 13 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 119, do 22 de xuño).

• A Resolución do 27 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean como persoal estatutario fixo e se lles adxudica destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área das especialidades de cirurxía ortopédica e traumatoloxía, e medicina interna (DOG núm. 189, do 4 de outubro).

Categoría: facultativo especialista de área de Medicina Interna.

Acceso: libre.

Epígrafe: punto 2.b) de experiencia: puntuación específica polo exercicio de dereitos de conciliación.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado Tribunal, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos