Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3535

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto/a, persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022 para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña número 231, do 7 de decembro de 2022, e no número 1, do 2 de xaneiro de 2023, publicáronse integramente as bases xerais e a convocatoria e bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura dunha praza de arquitecto/a, persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022 (OEP-E 2022) para a estabilización do emprego temporal do Concello das Pontes de García Rodríguez, mediante o sistema de concurso en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria, cando procedan, publicaranse de acordo co previsto nas súas bases reguladoras.

As Pontes de García Rodríguez, 2 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño;
BOP núm. 121, do 28.6.2019)
Ana María Pena Purriños
Concelleira delegada da Área de Recursos Humanos,
Industria e Emprego