A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021984AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza nº 183/2021 do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.
Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.
Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Ourense, 21 de decembro de 2022
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
| Número de expediente | DNI/NIE/CNI da persoa interesada | Último enderezo coñecido | 
| 2021984AE-OU | Y7041756K | Rúa Faustino Míguez, núm. 5, 1º A, 32002 Ourense | 
| 2021999AE-OU | 76711459L | Calle José Ortega Gasset, núm. 1 , 1º A, 35500 Arrecife (Las Palmas) | 
| 20211001AE-OU | 76725670Q | Rúa Río Mente, núm. 10 , 21 B , 32600 Verín (Ourense) | 
| 20211013AE-OU | 32098907S | Rúa Emilia Pardo Bazán, núm. 7, 2º B, 32350 A Rúa (Ourense) | 
| 20211014AE-OU | 45160109T | Fonteboa, núm. 36, 32573 Maside (Ourense) | 

 
					
