Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4495

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO do proceso selectivo de estabilización do emprego temporal de persoal funcionario e laboral fixo (oferta de emprego público extraordinaria de 2022), ao abeiro do artigo 2 e da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 237, do 14 de decembro de 2022, mediante anuncios, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria de:

– Selección de persoal funcionario e laboral fixo, no proceso de estabilización do emprego temporal (OEP extraordinaria de 2022), artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

– Selección de persoal laboral fixo no proceso de estabilización (OEP extraordinaria de 2022), disposición adicional sexta da Lei 20/2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

As Neves, 21 de decembro de 2022

Xosé Manuel Rodríguez Méndez
Alcalde presidente