Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4491

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baralla

ANUNCIO das bases que regularán as convocatorias dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización do emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 293, do 24 de decembro de 2022, e na sede electrónica do concello publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos correspondentes a varias prazas de estabilización do emprego temporal do Concello de Baralla incluídas na oferta de emprego público de 2022.

O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como establecen as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nelas.

Baralla, 9 de xaneiro de 2023

Miguel González Piñeiro
Alcalde