Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6473

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

BDNS (Identif.): 670289.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IN414C), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN414B), recollidas como anexo I desta resolución e proceder á convocatoria para a anualidade 2022.

2. Seleccionar, en réxime de concorrencia non competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (anexos II).

3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2023 que se xuntan a esta resolución como anexos IV a VI.

4. Publicar o convenio de colaboración para a xestión das axudas para a renovación de electrodomésticos, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo III).

5. Convocar para o ano 2023, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos. As solicitudes de axuda presentaranse en prazo e cos requisitos establecidos nas bases reguladoras e nesta resolución de convocatoria e resolveranse por orde de entrada da solicitude no rexistro e ata o esgotamento do crédito, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

Cuarto. Contía

O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 3.000.000,00 euros.

Tipo de actuación

Aplicación orzamentaria

Orzamento (€)

Renovación de electrodomésticos

05.A3.733A.780.7

3.000.000,00

Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía. Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario.

Electrodomésticos subvencionables

Axuda máxima (€/electrodoméstico)

Consumidor

xeral

Consumidor vulnerable

Consumidor vulnerable severo

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

150

300

450

Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Lavadora A, B ou C

100

200

300

Lavalouza A, B ou C

Placa de indución total (soamente tecnoloxía de indución)

100

200

300

A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo formulario normalizado anexo IV desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

2. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

4. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 30 de xuño de 2023 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).

5. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 8 de febreiro de 2023 ás 9.00 h (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2023 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia