Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo de vinte e unha prazas de técnico/a da administración xeral (subgrupo A1), CE 12/22.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 247, do 30 de decembro de 2022, publicáronse as bases aprobadas por Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 27.12.22, relativas á seguinte convocatoria:

– 21 prazas de técnico/a da Administración xeral (subgrupo A1), CE 12/22.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2023

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior