Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO relativo ás bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre, dunha praza
de porteiro/ordenanza (grupo agrupación profesional) (subgrupo subalterno) da escala de Administración xeral.

Na sesión realizada pola Xunta de Goberno local o día 13 de decembro de 2022 adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar as bases específicas que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre, dunha praza de porteiro/ordenanza (grupo agrupación profesional) (subgrupo subalterno) da escala de Administración xeral.

As presentes bases publicáronse no BOPPO número 4, do 5 de xaneiro de 2023, e publicarase así mesmo un anuncio delas no DOG e no BOE.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio referido na base anterior.

As bases íntegras atópanse publicadas no Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra, número 4, na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedelectronica.gal), no taboleiro de anuncios e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 10 de xaneiro de 2023

José Crespo Iglesias
Alcalde