Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6674

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castrelo do Val

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza de estabilización do emprego temporal da oferta de emprego público de 2021.

Mediante o acordo da Xunta de Goberno Local extraordinaria, do 21 de decembro de 2022, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza incluída na convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal do Concello de Castrelo do Val.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 294, do 26 de decembro de 2022, publicáronse integramente a convocatoria e as bases de selección do proceso selectivo para a provisión da seguinte praza da oferta de emprego público, mediante o sistema de concurso:

– Un (1) oficial de servizos varios, persoal laboral fixo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e na sede electrónica do concello (https://castrelodoval.sedelectronica.es) nos termos establecidos nas bases.

Castrelo do Val, 26 de decembro de 2022

Vicente Gómez García
Alcalde