Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/71-1).

Unha vez outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica da LMTS, CT A Viña-Golmar e enlace coa RBT, no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/71-1), mediante resolución desta xefatura territorial, do 22 de novembro de 2022, a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica de Laracha, S.L., con enderezo na avenida de Arteixo, 19, 1º D, 15004 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 1 de marzo de 2023 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Laracha, deducida da que se someteu á información pública no DOG do 25 de agosto, no BOP do 11 de agosto e no xornal La Voz de Galicia do 4 de agosto de 2022, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles efectuará a notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do devandito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares dos dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 21 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña