De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa eficacia quedará supeditada a esa publicación.
O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, números 4 e 6 baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Ourense, 22 de decembro de 2022
Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense
Anexo
Expediente: baixa no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola.
Interesado: 34665606Y.
Acto de notificación: prazo de alegacións.