De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes, advertíndolles que, de non o faceren, se terá por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández nº 1, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contados desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen teren presentada a documentación, continuará a tramitación dos expedientes, sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
A Coruña, 30 de novembro de 2022
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
15030031121R |
77615015C |
Requirimento de documentación |
2.5.2022 |
15036000620R |
X5737412Q |
Requirimento de documentación |
27.4.2022 |
15054006021R |
32721533P |
Requirimento de documentación |
26.4.2022 |
15019004721R |
Y6161355Z |
Requirimento de documentación |
6.5.2022 |
15030018417R |
49205747F |
Requirimento de documentación |
21.4.2022 |
15030021721R |
53613892H |
Requirimento de documentación |
28.4.2022 |
15078011617R |
76356876G |
Requirimento de documentación |
18.5.2022 |
15078010421R |
X2478017C |
Requirimento de documentación |
26.5.2022 |
15030035621R |
34897973G |
Requirimento de documentación |
27.5.2022 |
15022000620R |
X2843702M |
Requirimento de documentación |
25.5.2022 |
15036010620R |
32721810D |
Requirimento de documentación |
19.5.2022 |