Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).
4. Código NUTS do emprazamento principal do servizo: ES112 Viveiro (Lugo).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de saneamento de Celeiro e mellora da condución de vertedura da estación depuradora de augas residuais de Viveiro. Viveiro (Lugo) – OH.327.616. Clave do expediente: OH.727.701.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, polo trámite ordinario e anticipada de gasto.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 85.932,74 euros. Importe total: 103.978,62 euros.
8. Valor estimado do contrato: 85.932,74 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 15 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 14 %), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipos e unidades de obra (ponderación 14 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (ponderación 8 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 5 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 20 de xuño de 2022.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 7.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 4.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou realización do contrato: 11 de xullo de 2022.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou se é o caso UTE: Proyfe, S.L.
14.2. NIF: B15077233.
14.3. Enderezo: Polígono de A Gándara, avenida do Mar, 123. 15570 Narón.
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Correo electrónico: proyfe@proyfe.com
14.6. Fax: 981 33 33 04.
14.7. Teléfono: 647 91 21 15.
14.8. Pequena ou mediana empresa: si
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 67.600,00 euros. Importe total: 81.796,00 euros.
16. Información sobre si o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Esta contratación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «Investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Viveiro».
Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 29 de decembro de 2021.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 20 de xuño de 2022.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 14 de xullo de 2022.
Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 18 de xullo de 2022.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2022
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia