Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Conservas Cerqueira, S.A. NIF: A36600518.
Domicilio social: rúa Tomás Alonso, 80, 36208 Vigo.
Denominación: proxecto de execución en fábrica de conservas (LMT, CS, CPYM e CT).
Situación: polígono industrial de Rianxo no lugar de Lustres, 15920 Rianxo.
Características técnicas:
Nova instalación de alta tensión, composta por:
– Liña de media tensión soterrada de 20 kV, con inicio e fin en arqueta proxectada, en LMT existente BOI814, propiedade da empresa distribuidora, entre os centros de transformación 15CJLK e 15CJLM e con entrada e saída no centro de seccionamento proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV, 240 mm² Al, lonxitude 4 m.
– Centro de seccionamento en edificio prefabricado, composto por tres celas de liña e unha de servizos auxiliares (24 kV, 400 A, 16 kA).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal na que puidera incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 15 de decembro de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña