O Concello de San Cibrao das Viñas ditou resolución do expediente sancionador SCOVID/SANCIBRAODASVIÑAS/0188 e un máis por vulneración da normativa sanitaria.
Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas no procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.
Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican está á disposición da persoa interesada, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas, situadas na praza da Constitución, 1, San Cibrao das Viñas (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación entenderase producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.
A resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme ao disposto no artigo 46.1 da citada norma legal ou, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular da Alcaldía do Concello de San Cibrao das Viñas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022
Silvia Seoane García
Funcionaria da unidade tramitadora
ANEXO
Número de expediente |
DNI/CIF da persoa interesada |
Infracción imputada |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
SCOVID/SANCIBRAODASVIÑAS/0188 |
34266081Z |
Incumprimento das medidas de prevención aprobadas pola autoridade sanitaria consistentes en limitacións ás agrupacións de persoas en reunións e/ou encontros, tanto no ámbito privado como público, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación |
Artigo 41.bis.f) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis da Lei 8/2008 |
100 euros |
SCOVID/SANCIBRAODASVIÑAS/0200 |
Y0509479C |
Incumprimento das medidas de prevención aprobadas pola autoridade sanitaria consistentes en limitacións ás agrupacións de persoas en reunións e/ou encontros, tanto no ámbito privado como público, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación |
Artigo 41.bis.f) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia |
Artigo 44.bis da Lei 8/2008 |
100 euros |