Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7249

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos ao medio propio:

1. Resolución do 28 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as actuacións para o control da erosión e mellora de infraestrutura nas zonas afectadas por grandes incendios forestais en 2022, cofinanciado con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

– Actividade: o obxecto do presente encargo consiste en actuacións específicas de consolidación como a cobertura do chan mediante mulching en 57,65 ha. Tamén se levará a cabo a mellora de infraestruturas forestais, reparando 192 km de pistas, incluídas as gabias e as obras de paso para mellorar a capacidade de evacuación das augas, así como a realización de 10,50 ha de faixas auxiliares de pista.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde a sinatura da acta de inicio ata o 31 de marzo de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón cento noventa e nove mil trescentos vinte e un euros con trinta e cinco céntimos (1.199.321,35 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.601.1 (código proxecto 2016 00212).

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural