Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7301

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 11 de xaneiro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 11 de xaneiro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro), modificada pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 258, do 24 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 1 de decembro de 2022 (publicada no DOG núm. 238, do 16 de decembro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Segundo. Por estimación dun recurso de alzada, este tribunal acorda modificar a Resolución do 1 de decembro de 2022 (publicado no DOG núm. 238, do 16 de decembro), en relación coa puntuación da aspirante afectada pasando a ter a seguinte puntuación:

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

II.2.2.1

II.2.2.2

II.2.2.3

II.2.2.4

Total

***9903**

Mañana

Rendal

Paula María

5,00

8,70

0,00

0,12

13,82

Terceiro. Mediante a Resolución do 21 de decembro de 2022 (publicada no DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), este tribunal acordou facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

Cuarto. Debido á modificación da puntuación do baremo definitivo, este tribunal acorda modificar a Resolución do 21 de decembro de 2022 (publicada no DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), en relación coa orde da aspirante afectada pasando a ocupar a posición 22, tal e como se publica no seguinte cadro e renumerando a orde das persoas aspirantes aprobadas a partir desta posición.

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

22

***9903**

Mañana Rendal, Paula María

47,81

Exenta

13,82

61,63

De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2023

Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal