Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7417

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Arnoia

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de persoal laboral.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 295, do 27 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as seguintes prazas:

– Unha praza de peón de obras públicas, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense, na sede electrónica do Concello da Arnoia e no taboleiro de anuncios do Concello da Arnoia.

A Arnoia, 28 de decembro de 2022

Rodrigo Aparicio Santamaría
Alcalde