Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7696

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 4, do xoves 5 de xaneiro de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 2231, onde di: «1.2. Docencia.», debe dicir: «1.5. Docencia.», e onde di: «3. Investigación e Innovación sanitaria: ata un máximo de 9 puntos.», debe dicir: «2. Investigación e innovación sanitaria: ata un máximo de 9 puntos.».

Na páxina 2236, onde di: «2.-Experiencia: 28 puntos.», debe dicir: «3. Experiencia: 28 puntos.».