Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 247, do xoves 29 de decembro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 66.659, no punto 2.1.3, onde di: «Os servizos prestados como persoal temporal na mesma categoría e especialidade ou categoría equivalente homologada por conta e baixo dependencia de institucións sanitarias dun país da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou Suíza, e servizos prestados en institucións con contrato de servizos públicos (concertadas): 0,06 puntos/mes.», debe dicir: «Os servizos prestados como persoal temporal na mesma categoría e especialidade ou categoría equivalente homologada por conta e baixo dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo ou Suíza, e servizos prestados en institucións con contrato de servizos públicos (concertadas): 0,06 puntos/mes.».