Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 16 de decembro de 2022, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:
Identificación e localización: parcela número 861 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 59,77 m2.
Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11.7.2019).
Remate da vixencia: 12.7.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: Pilar Ouviña Otero (***4538**).
Novo titular: María Nuria Friera Besada (***8472**).
A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 20 de decembro de 2022
A xefa territorial de Vigo
P.D. (Resolución do 29.12.2021)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica