De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola instrutora en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 30 de decembro de 2022
Jesús Montouto González
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: ANP-LU-0002/2022.
Interesado: Luis Albert Arnaiz Alonso.
Acto notificado: proposta de resolución.