De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o 16 de xaneiro de 2023, do proxecto parque eólico A Costa, nos concellos de Mazaricos, Muros e Outes (A Coruña), promovido por Wind Premier A Costa, S.L.U.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático