De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o 22 de decembro de 2022, mediante a Resolución da Alcaldía número 4204/2022, foi aprobado inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta), por razóns urbanísticas, para a execución do proxecto de obra denominado obras ordinarias de urbanización de espazos libres no ámbito da UA-3 das normas subsidiarias de Arteixo.
Así mesmo, consonte a devandita resolución procede someter o referido proxecto a información pública por período dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.
A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:
Nº |
Ref. catastral |
Titular |
Elemento |
Superficie total da parcela (m2) |
Superficie exprop. def. uds. (m2) |
1 |
9349101NH3994N0001HH |
Martínez Palleiro, Pablo |
Solo |
853 |
414 |
2 |
9349106NH3994N0001GH |
García Vázquez, Rafael Carlos (50 %) García García, José Antonio (50 %) |
Solo |
767 |
767 |
3 |
9349102NH3994N0001WH |
Dopico Torres, María del Pilar |
Solo |
2.538 |
822 |
4 |
9349105NH3994N0001YH |
Naya Liñares, Ramón |
Solo |
116 |
116 |
5 |
9349104NH3994N0001BH |
Álvarez Barreiro, Ignacio (hros.) |
Solo Cons. aux. |
1.549 |
1.549 |
6 |
9349103NH3994N0001AH |
Promociones Brañeiras, S.L. |
Solo |
154 |
154 |
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes.
Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.
Arteixo, 22 de decembro de 2022
O alcalde
P.D. (Decreto 1923/2022, do 31 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano