No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 299, do 31 de decembro de 2022, publícase o texto integro das bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización do emprego temporal do Concello de Avión do ano 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios do Portal de transparencia do Concello de Avión.
Avión, 16 de xaneiro de 2023
Antonio Montero Fernández
Alcalde