Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7535

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN223A).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 27 das bases reguladoras da orde, publícanse as subvencións concedidas pola resolución do director xeral de Comercio e Consumo, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación (Orde do 21 de marzo de 2022, DOG núm. 63, do 31 de marzo), relacionadas no anexo.

Norma reguladora: Orde do 19 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN223A).

Crédito orzamentario: 870.000,00 €.

Aplicacións orzamentarias: 06.03.751A.761.3.

06.03.751A.781.1.

Finalidade: a concesión de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos e mercados.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2023

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo

ANEXO

Entidades beneficiarias da subvención para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos

Expediente

Entidade beneficiaria

Subvención concedida

IN223A-2022-002

Asociación de Placeiros Eusebio da Guarda

11.200,00 €

IN223A-2022-003

Concello de Tui

13.160,00 €

IN223A-2022-004

Asociación Comerciantes Mercado do Calvario

11.200,00 €

IN223A-2022-005

Asociación de Profesionais Umbrío da Praza de Abastos de Vilanova

9.147,83 €

IN223A-2022-006

Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Padrón

9.811,63 €

IN223A-2022-007

Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Sanxenxo

4.547,66 €

IN223A-2022-009

Asociación en Defensa do Mercado de Abastos de Elviña

9.233,37 €

IN223A-2022-010

Asociación de Comerciantes do Mercado de Teis de Vigo

10.160,00 €

IN223A-2022-011

Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Bueu

7.857,63 €

IN223A-2022-013

Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Cangas

9.274,96 €

IN223A-2022-014

Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de O Grove

9.024,15 €

IN223A-2022-015

Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Moaña

9.376,76 €

IN223A-2022-016

Concello de Cee

32.469,62 €

IN223A-2022-017

Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Portonovo

9.299,48 €

IN223A-2022-019

Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín

7.385,71 €

IN223A-2022-020

Asociación de Comerciantes e Industriais da Praza de Abastos 1 de Ourense

11.200,00 €

IN223A-2022-021

Concello de Bande

5.082,00 €

IN223A-2022-022

Asociación de Comerciantes e Empresarios/as do Mercado das Conchiñas

9.407,79 €

IN223A-2022-023

Federación de Profesionais de Prazas de Abastos

31.773,83 €

IN223A-2022-027

Concello de Baiona

6.352,50 €

IN223A-2022-028

Asociación de Empresarios do Mercado das Travesas

2.714,44 €

IN223A-2022-029

Concello de Gondomar

9.800,00 €

IN223A-2022-030

Concello de Rianxo

8.978,20 €

IN223A-2022-032

Asociación Profesional de Empresarios Autónomos do Mercado O Progreso de Vigo

10.870,42 €

IN223A-2022-034

Concello de Monforte de Lemos

3743,74 €

IN223A-2022-035

Concello de Tomiño

9.172,44 €