Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 29 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Láncara (expediente IN407A 2022/265-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LAMT CRG804 Sarria 4 entre apoios C2I7IV6T//119-70-A-6 e C2J77S40//119-70-A-9 Láncara (Lugo).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

• Substitución dos apoios de formigón núms. C2ISHACN//119-70-A-8 e C2IL0TWJ//119-70-A-7 da LAMT CRG804 Sarria 4 por novos apoios de celosía metálica de tipo C-14/2000 e C-16/1000 e regulación do condutor existente LA-30 sobre os apoios proxectados e os contiguos a estes.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lamat-sarria4

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 29 de decembro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/265-2.

Denominación: regulamentación LAMT CRG804 Sarria 4 entre apoios C2I7IV6T//119-70-A-6 e C2J77S40//119-70-A-9 Láncara (Lugo).

Concello: Láncara.

Declaración de utilidade pública.

Referencia catastral

Propietario

Apoio

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

m2

1

8

305

As Pozas

Prado

José Manuel Fernández Fernández

C2IL0TWJ//119-70-A-7

2.0