Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 7829

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2023 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo das consellerías de Promoción do Emprego e Igualdade; do Medio Rural; de Política Social e Xuventude, e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

A aprobación da modificación das relacións de postos de traballo das Consellerías de Promoción do Emprego e Igualdade; Medio Rural; Política Social e Xuventude, e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 19 de xaneiro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación das relacións de postos de traballo das consellerías de Promoción do Emprego e Igualdade; do Medio Rural; de Política Social e Xuventude, e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, en desenvolvemento das ordes da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019 pola que se convocaron procesos selectivos extraordinarios de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior (DOG nº 225, do 26 de novembro); categoría 007 do grupo II, titulada/o de grao medio (DOG nº 225, do 26 de novembro), e categorías 002 e 062 do grupo III (DOG nº 224, do 25 de novembro), de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 19 de xaneiro de 2023, relativo á aprobación da modificación das consellerías de Promoción do Emprego e Igualdade; do Medio Rural; de Política Social e Xuventude, e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file