Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 7989

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN de 20 de xaneiro de 2023 pola que se fai pública a modificación dos temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral, subgrupo C1, ou para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B, e para o ingreso nas categorías do grupo III de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo da Xunta de Galicia, correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público.

Por resolución do 20 de decembro publicáronse os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral, subgrupo C1, ou para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo, grupo B, e para o ingreso nas categorías do grupo III de persoal laboral fixo do V Convenio colectivo da Xunta de Galicia, correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución na temporalidade no emprego público (Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro).

Advertida a falta dun temario nesta publicación, esta consellería

DISPÓN:

Engadir no anexo, o temario correspondente á categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia, que será o seguinte:

Parte específica da categoría 100 do grupo III, Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada:

1. Extinción de incendios forestais. Sistema de predición de Campbell. Técnicas de extinción, primeiro ataque e ataque ampliado, o contralume. Retardantes.

2. Os incendios en interface urbana forestal. Situacións operativas.

3. Sistemas de detección. Modelos de combustible. Índices de risco. A meteoroloxía nos incendios forestais.

4. O Sistema Estrutural de Mando Operativo (SEMOP).

5. Prevención de incendios: accións sobre o territorio e sobre a poboación. As redes de faixas de xestión da biomasa. As queimas prescritas. Protocolo. A ventá de actuación.

6. A maquinaria pesada na extinción de incendios forestais. Tipos de máquinas empregadas en Galicia. Tipos de traballos.

7. O comportamento do lume. Determinación de situacións de risco.

8. A seguridade na extinción de incendios forestais. Factores de risco na extinción. Protocolo Ocela. Situacións en atrapamento. Manobras de autoprotección.

9. As comunicacións na extinción de incendios forestais de Galicia. A rede TETRA. A función repeater e o modo Gateway.

10. O traballo coas motobombas. Características principais. Partes principais do vehículo de extinción. Cisterna, bomba, mangueiras e accesorios. Seguridade nas operacións coas motobombas.

11. A condución dun vehículo todo terreo. A estiba das ferramentas. A condución cara ó lume, aproximación e estacionamento do vehículo.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública