Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 20210953AE-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 13 de decembro de 2022, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 20210953AE-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar esta resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido da citada resolución.

En caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderao efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. Os prazos serán os seguintes:

1. As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

2. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderá interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na alínea a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 10 de xaneiro de 2023

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 20210953AE-LU.

NIE da persoa interesada: X9085202H.

Último enderezo coñecido: A Pena de Proendos, 101, 27560 Sober.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 42.bis.d) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 8/2021.

Tipificación: unha infracción grave.

Sanción imposta: tres mil un euros (3.001,00 €).