O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
RESOLVO:
Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022, que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Segundo. Así mesmo, dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no segundo cuadrimestre de 2022 pola Axencia Turismo de Galicia, que se incorporan como anexo II a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2023
María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia
ANEXO I
Convenio |
Data sinatura |
Importe € |
||
2022 |
2023 |
2024 |
||
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o concello de Carballeda de Valdeorras para o proxecto de rehabilitación de edificación tradicional existente para albergue turístico en Sobradelo |
14.10.2022 |
24.618,06 € |
164.069,60 € |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para a difusión de contidos que potencien o turismo de Galicia |
14.9.2022 |
140.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Coirós para actuacións de mellora e embelecemento do refuxio mirador da senda fluvial PRG-35 Xora |
20.9.2022 |
29.520,13 € |
||
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo) para a reactivación do turismo no Xeodestino Costa da Morte |
25.10.2022 |
Sen achega |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Touro para a creación dunha pasarela sobre o Rego Lañas na Ruta da Fervenza das Hortas |
20.9.2022 |
30.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo para o apoio ás actuacións de promoción turística da entidade durante o ano 2022 |
23.9.2022 |
50.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Distribuidoras de Hostalaría e Alimentación de Lugo para o apoio á celebración da II Feira Gastronómica L de Lugo |
28.9.2022 |
30.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración da 20ª Feira Internacional de Turismo Termal Termatalia 2022 |
19.9.2022 |
60.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural As Mariñas Betanzos para a celebración do VI Congreso Nacional de Ecoturismo |
4.10.2022 |
20.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación do Campo Galego para apoio a estrutura e funcionamento do Museo do Campo e da Mecanización durante o ano 2022 |
14.9.2022 |
30.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña para apoio a estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2022 |
5.10.2022 |
70.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra para apoio a estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2022 |
9.10.2022 |
70.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense para a organización da Mobile Week Ourense 2022 |
11.10.2022 |
50.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración da 23ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico |
5.10.2022 |
30.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Carlos Velo para a organización da 27 Edición do Ourense Film Festival, OUFF. |
10.10.2022 |
150.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Ortigueira e Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta |
1.9.2022 |
120.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o concello da Estrada e Abanca Corporación Bancaria, S.A. Para a celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo 2022 |
1.9.2022 |
40.000,00 € |
||
Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
5.10.2022 |
456.990,00 € |
597.080,00 € |
445.930,00 € |
Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña para a execución do Plan de sustentabilidade turística Fragas do Eume no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
5.10.2022 |
340.000,00 € |
560.000,00 € |
600.000,00 € |
Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino - Condado Paradanta - Una Tierra entre Ríos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
11.11.2022 |
283.000,00 € |
535.000,00 € |
682.000,00 € |
Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Marín para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino de Marín, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
21.9.2022 |
623.188,00 € |
633.624,00 € |
743.188,00 € |
Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Pontevedra para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino de Pontevedra, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
9.11.2022 |
736.888,00 € |
950.137,00 € |
312.975,00 € |
Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Baiona para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino - Descubre Baiona, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
4.11.2022 |
176.666,00 € |
506.667,00 € |
1.316.667,00 € |
Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino de Ribeira, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
19.10.2022 |
400.000,00 € |
1.115.000,00 € |
485.000,00 € |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Begonte para a reforma e acondicionamento de instalacións para escola de Música, Conservatorio e Auditorio |
15.12.2022 |
133.200,03 € |
324.168,23 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a mellora da seguridade viaria peonil na antiga N-634 |
15.12.2022 |
129.937,66 € |
||
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mos para a creación dunha senda bici entre o alto de Barreiros e a Capela de Santiaguiño |
9.12.2022 |
115.192,00 € |
637.925,40 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Marín para o proxecto de equipamento sociocultural como xerador de estratexias de promoción turística |
9.12.2022 |
250.000,00 € |
250.000,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e os concellos de Vilanova de Arousa, Pontecesures, Catoira e Valga para o desenvolvemento do proxecto «Mar de Santiago» 2022 |
26.10.2022 |
Sen achega |
||
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Mondoñedo e a Asociación de Produtores de Conservas de Hortalizas de Mondoñedo para o proxecto senlleiro «Acondicionamento de nave no Camiño de Santiago para a difusión das técnicas artesáns de conservas de vexetais», orientado ao reforzamento da oferta turística do Camiño de Santiago e da mellora da estrutura e infraestrutura do territorio para fortalecer o desenvolvemento rural galego |
30.11.2022 |
Sen achega |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para o proxecto «Música no Camiño Primitivo» |
22.9.2022 |
26.000,00 € |
||
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Cortegada para o proxecto de adecuación e embelecemento na contorna do Balneario de Cortegada |
4.11.2022 |
Sen achega |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental para a celebración do X Congreso Internacional Compostela Monumental |
25.11.2022 |
15.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a mellora da seguridade viaria peonil nun tramo da antiga N-634 en Mondoñedo, que coincide co trazado do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa |
25.11.2022 |
48.339,65 € |
||
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a mellora da seguridade viaria peonil nun tramo da antiga N-634 en Mondoñedo, que coincide co trazado do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa |
15.12.2022 |
Sen achega |
||
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Oza-Cesuras para a recuperación do edificio Modernista no Paraxón. |
8.11.2022 |
Sen achega |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Veiga para a renovación da instalación de saneamento existente no lugar do Coiñedo |
29.11.2022 |
48.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Folgoso do Courel para melloras no Xeomiradoiro do Alto do Boi e na Mina da Toca |
1.12.2022 |
29.999,87 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Juana de Vega para o desenvolvemento dun estudo sobre actuacións no recinto fortificado do castelo de Monterrei |
5.12.2022 |
150.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Oia para a adecuación zona de despegue de parapente. Mirador das Penizas |
15.12.2022 |
37.149,90 € |
||
Convenio entre a Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia Turismo de Galicia da Comunidade Autónoma de Galicia e o Concello da Coruña para a execución do Plan de sustentabilidade turística na Coruña |
21.12.2022 |
333.333,34 € |
333.333,33 € |
333.333,33 € |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Lugo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das festas de San Froilán 2022 |
1.12.2022 |
25.000,00 € |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Santiago e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Festas do Apóstolo 2022 |
25.11.2022 |
40.000,00 € |
||
Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
30.11.2022 |
188.900,00 € |
576.100,00 € |
735.000,00 € |
Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino novos modelos para a sustentabiliade e a competitividade turística na Ría de Muros Noia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
28.11.2022 |
640.667,00 € |
740.333,00 € |
619.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o concello de Vilagarcía de Arousa e ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Para a celebración das festas de San Roque 2022 |
12.9.2022 |
25.000,00 € |
||
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Baltar para a recuperación do Foxo dos Lobos de Tosende |
30.11.2022 |
Sen achega |
||
Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense para a organización da Mobile Week Ourense 2022 |
28.10.2022 |
Sen achega |
ANEXO II
Convenio |
Data sinatura |
Importe € |
2022 |
||
Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e OPC Galicia para o apoio e impulso de eventos MICE en Galicia |
21.6.2022 |
150.000,00 € |