Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia da resolución do expediente MR616A-2022-32-0333.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa eficacia quedará supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6, baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 4 de xaneiro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: axudas para a reposición de danos por incendios en explotacións agrícolas ou gandeiras.

Interesado: 34724164Y.

Acto de notificación: resolución da solicitude de axuda.