Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8359

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca unha praza de director/directora técnico.

Retegal é unha sociedade mercantil pública autonómica, pertencente ao sector público autonómico e adscrita, de conformidade co Decreto 252/2011, do 15 de decembro, á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O 20 de decembro de 2022, o Consello de Administración acordou iniciar o proceso de selección para o posto de director/a técnico de Retegal.

En execución do dito acordo, mediante este anuncio convócase unha praza de director/a técnico, en réxime de persoal laboral de alta dirección, para a prestación de servizos coa devandita cualificación na citada entidade.

As bases e condicións atópanse na web da entidade solicitante:

http://www.retegal.es e no seu taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2023

Julián Cerviño Iglesia
Presidente do Consello de Administración de Retegal