Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2023 Páx. 8818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Valadouro

ANUNCIO de corrección de erros do acordo de aprobación das bases xerais e específicas do procedemento especial de estabilización do emprego temporal de longa duración.

Advertido erro no anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 289, do 20 de decembro de 2022, no que se publican as bases xerais do procedemento especial de estabilización do emprego (DA 6ª), na base 10.B.2, onde di: «Puntuación por hora: últimos 15 anos», debe dicir: «Puntuación por hora».

Advertido erro no anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 289, do 20 de decembro de 2022, no que se publican as bases específicas do procedemento especial de estabilización do emprego (art. 2): funcionario/-a do grupo E, operario/-a de mantemento de vías e espazos públicos, omitiuse involuntariamente a base 4.3 que debe dicir:

«4.3. Estar en posesión do carné de conducir C e do CAP (certificado de aptitude profesional)».

No BOP de Lugo nº 15, do 19 de xaneiro de 2023, publícase a corrección de erros.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, con indicación de que as solicitudes presentadas desde o día seguinte ao da primeira publicación (BOE número 31, do 29 de decembro de 2022) serán consideradas dentro de prazo sen achegar de novo documentación).

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento dos procesos selectivos realizaranse de conformidade co previsto nas devanditas bases.

O Valadouro, 19 de xaneiro de 2023

Edmundo Maseda Maseda
Alcalde