Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-FE-0210/2022-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-FE-0210/2022-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, nº 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2023

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0210/2022-PPM

76777418Z

Proposta de resolución

Rúa Castelao, 2, 1º, Bueu

PSC-FE-0335/2022-PPM

52936157R

Proposta de resolución

Rúa Luis Pimentel, 49, Aguiño, Ribeira

PSC-FE-0336/2022-PPM

52933387Z

Proposta de resolución

Listres de Arriba, 2, Aguiño, Ribeira

PSC-FE-0407/2022-PPM

76493363D

Proposta de resolución

R/ Aldea de Arriba, 62, Cabo de Cruz, Boiro