Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 8832

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DECRETO 231/2022, do 29 de decembro, polo que se declara ben de interese cultural a zona arqueolóxica de Adro Vello, na parroquia de San Vicente do Grove, no termo municipal do Grove.

I

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución española e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía, asume a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. En exercicio desta, apróbase a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (en diante, LPCG).

A LPCG no seu artigo 1.2 establece que «[...] O patrimonio cultural de Galicia está constituído polos bens mobles, inmobles ou manifestacións inmateriais que, polo seu valor artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico, antropolóxico, industrial, científico e técnico, documental ou bibliográfico deban ser considerados como de interese para a permanencia, recoñecemento e identidade da cultura galega a través do tempo. Así mesmo, integran o patrimonio cultural de Galicia todos aqueles bens ou manifestacións inmateriais de interese para Galicia en que concorra algún dos valores enumerados no parágrafo anterior e que se encontren en Galicia, con independencia do lugar en que fosen creados».

O artigo 8.2 da LPCG establece que: «[...] terán a consideración de bens de interese cultural aqueles bens e manifestacións inmateriais que, polo seu carácter máis sobranceiro no ámbito da Comunidade Autónoma, sexan declarados como tales por ministerio da lei ou mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de patrimonio cultural, de acordo co procedemento establecido nesta lei». Máis adiante este artigo establece que os bens poden ser inmobles, mobles ou inmateriais.

O artigo 10.1.d) da LPCG define xacemento ou zona arqueolóxica como «o lugar en que existen evidencias de bens mobles ou inmobles susceptibles de seren estudados con metodoloxía arqueolóxica, de interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, sempre que estea relacionado coa historia humana, ou antropolóxico».

II

A zona arqueolóxica de Adro Vello, na parroquia de San Vicente do Grove, no concello do Grove, localízase a carón da praia do Carreiro, nunha valgada situada entre outeiros, no medio dunha enseada protexida do mar por dúas puntas costeiras e xunto á desembocadura dun curso de auga. Trátase, por tanto, dunha localización semellante a doutros xacementos romanos costeiros.

A xustificación para a súa declaración como ben de interese cultural fundaméntase no seu interese científico, así como na súa importancia histórica e arqueolóxica no panorama da arqueoloxía clásica en Galicia, que o configuran como un dos bens arqueolóxicos máis sobranceiros no ámbito da Comunidade Autónoma.

A área escavada e visible está localizada en zona de dominio público marítimo-terrestre, ben que non se descarta que o ámbito arqueolóxico abranga unha meirande superficie.

Na zona arqueolóxica existen evidencias dunha factoría romana de salga (S. I-IV d. C.), con restos salientables dunha área de explotación dos recursos mariños, muros de cantaría almofadados, restos de estuco pintado, cerámica de construción e unha ara dedicada á deidade Deverius. Da época medieval destaca o achado dunha moeda coa representación da translación do corpo do Apóstolo acuñada en Santiago entre 1157 e 1188. Tamén conta, a zona arqueolóxica, con restos dunha necrópole de inhumación con varios niveis sucesivos de soterramento, que van desde o século V d. C. ata o XVIII, así como os dunha igrexa medieval.

O valor científico do xacemento reside no potencial que presenta como área de reserva arqueolóxica sen escavar na súa totalidade, ademais de pola presenza dunha variada tipoloxía doutros bens con valor cultural tamén no seu contorno. Estas características sinaladas avalan o seu potencial como recurso científico e cultural de primeira magnitude. Ademais, é salientable tamén do valor de Adro Vello a súa longa secuencia de ocupación. En efecto, a súa orixe sería un lugar produtivo en época romana, cunha importante dedicación ao ámbito funerario e eclesiástico a partir de época tardoantiga e ata o século XVIII, cando a igrexa de San Vicente se traslada á súa ocupación actual e cesan os enterramentos no lugar.

III

A proposta de declaración como ben de interese cultural do citado ámbito, na categoría de zona arqueolóxica, está xustificada por tratarse dun asentamento complexo, en canto existe unha superposición de estruturas cronolóxica e funcionalmente diferentes. A fase máis antiga correspóndese cunha factoría de salga datada aproximadamente entre os séculos I e IV, con píos recubertos de morteiro e un muro que protexe as estruturas do mar; así mesmo, identifícanse no xacemento estruturas tardoantigas ou altomedievais indeterminadas, muros e enlousados; unha necrópole de inhumación, desde o século V-VII ata o século XVIII, e unha igrexa polo menos desde a Alta Idade Media. O conxunto constitúe un lugar de relevante interese cultural caracterizado polo seus valores históricos e arqueolóxicos, que representan e ilustran a evolución da sociedade e da paisaxe cultural da Galicia na antigüidade.

Por tanto, a categoría de zona arqueolóxica considérase a figura más acaída para a eficacia do réxime de protección pola complexidade e diversidade das súas partes integrantes, así como a indefinición dos seus límites coñecidos.

O carácter sobranceiro dos seus valores culturais xustificados levou a que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, promovese traballos de prospección arqueolóxica e documentación para a súa delimitación, conforme o disposto na LPCG, para a súa declaración como ben de interese cultural, e elaborou un informe específico sobre os seus valores culturais.

IV

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural publicou no Diario Oficial de Galicia número 26, do 8 de febreiro de 2022, a Resolución do 20 de xaneiro de 2022 pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural a zona arqueolóxica de Adro Vello, na parroquia de San Vicente do Grove, no termo municipal do Grove.

Solicitouse, conforme o establecido no artigo 18.2 da LPCG, o parecer dos órganos asesores e consultivos mencionados no artigo 7 do citado precepto legal: Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Humanidades do complexo docente do campus de Lugo e Real Academia Galega de Belas Artes, todos eles se mostraron favorables ao recoñecemento do valor cultural sobranceiro da zona arqueolóxica de Adro Vello.

No período de exposición pública da proposta de incoación presentáronse dúas alegacións que, nos seus termos globais e despois do informe dos servizos técnicos da Dirección Xeral, non foron estimadas xa que a documentación técnica e os informes dos órganos consultivos xustifican as delimitacións propostas.

Na tramitación do expediente, por tanto, cumpríronse todos os trámites legalmente preceptivos de acordo coa normativa vixente.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar ben de interese cultural a zona arqueolóxica de Adro Vello, na parroquia de San Vicente do Grove, no termo municipal do Grove (Pontevedra), conforme o descrito no anexo I deste decreto e segundo a delimitación proposta no anexo II.

Segundo. Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e comunicala ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración xeral do Estado para a súa correspondente anotación.

Terceiro. Aplicar o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, para os bens de interese cultural e para as zonas arqueolóxicas en particular.

Cuarto. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Quinto. Segundo o disposto no artigo 35.5 da LPCG, esta declaración de ben de interese cultural obriga os concellos nos cales se localiza a incorporar esta circunstancia ao seu planeamento urbanístico e a establecer as determinacións específicas para o seu réxime de protección e conservación.

Sexto. Notificar esta resolución ás persoas interesadas e ao Concello do Grove.

Sétimo. Contra este acto, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación ante o órgano que ditou o acto ou, directamente, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Eficacia

Este decreto terá eficacia desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades

ANEXO I

Descrición do ben

1. Denominación: zona arqueolóxica de Adro Vello.

2. Localización: praia do Carreiro, na parroquia de San Vicente do Grove, concello do Grove (Pontevedra).

3. Referencias catastrais: 36022A03409004, 5730801NH0053S e 36022A03509011.

Coordenadas xeográficas UTM (ETRS 89 e fuso 29): X: 505.665; Y: 4.702.822.

4. Descrición do ben:

A zona arqueolóxica de Adro Vello sitúase nunha estreita chaira litoral, ao pé dun outeiro rochoso moi destacado no seu contorno. O ámbito está encravado ao carón da praia do Carreiro. Os restos arqueolóxicos están situados nun treito de costa baixa e protexida pola Punta do Castriño ao oeste e a Punta de Barceliña e illas Barceliñas polo leste. Entre ambas as puntas existe unha liña de afloramentos graníticos (cons) que protexe a fronte costeira dos embates do mar. O ámbito territorial é similar ao doutros xacementos costeiros da época romana: unha costa baixa, protexida do mar por puntas mariñas e situada no fondo de pequenas enseadas ao carón da desembocadura dun curso fluvial.

5. Estado de conservación:

A zona arqueolóxica presenta unha importante afección pola exposición á intemperie das estruturas exhumadas, coa consecuente colonización biolóxica, polo que é necesario intervir sobre ela para garantir a súa conservación e é prioritario realizar labores de limpeza, consolidación e protección dos restos arqueolóxicos exhumados.

Paralelamente, sería necesaria a reescavación do ámbito e a lectura dos paramentos e as súas relacións estratigráficas das estruturas, accións que axudarían a interpretar correctamente a súa secuencia construtiva e histórica e, consecuentemente, a súa explicación ao público.

O resto do ámbito da zona arqueolóxica que permanece inhumada está afectado polos labores de explotación forestal, a estrada que o cruza en sentido leste-oeste e unha vivenda construída á beira da estrada, que son os principais elementos que prexudican á súa conservación e apreciación.

6. Valoración cultural:

O principal valor de Adro Vello radica na súa longa secuencia de ocupación. A súa orixe sería un lugar produtivo en época romana, cunha importante dedicación ao ámbito funerario e eclesiástico a partir de época tardoantiga e ata o século XVIII, o que o converte nunha das zonas arqueolóxicas máis importantes do noroeste peninsular pola potencialidade da información que pode achegar sobre os habitantes da comarca do Salnés na antigüidade e ata a época moderna, a pesar das dificultades en asignar unha cronoloxía e funcionalidade a cada unha das estruturas escavadas no xacemento, polo que é imposible identificar plantas ou edificacións na complexa rede muraria.

O seu valor cultural cómpre tamén analizalo en combinación co resto dos bens de valor arqueolóxico, arquitectónico, industrial e etnolóxico do seu contorno, como o resto de factorías de salga de época contemporánea. En efecto, a zona arqueolóxica de Adro Vello constitúe un fito de importancia clave para comprender o pasado e presente da comarca do Salnés. A zona aglutina restos de moi variadas cronoloxías, que ilustran sobre o devir histórico do lugar. O achado dos restos de materiais calcolíticos na praia do Carreiro en 2002 conforma o resto máis antigo da ocupación desta área. Durante a Idade do Ferro, a ocupación no Castriño testemuña que O Carreiro segue habitado. Pero será en época romana, cando se instale a factoría de salga, en que se permita a explotación dos recursos mariños.

Polo que respecta á etapa romana, a factoría de salga é unha das mellor conservadas no noroeste, onde se recuperaron restos ícticos, evidencia escasa pero imprescindible para analizar as especies empregadas para salgar ou facer salsas en época romana. Ademais, cómpre mencionar a colección osteoarqueolóxica de Adro Vello, que está a producir información destacada para coñecer o pasado de Galicia ao estudar a súa alimentación, que se revela como zona arqueolóxica e unha peza clave para entender a transición entre a Idade Media e a Idade Moderna na Galicia rural.

Igualmente, Adro Vello foi usado como lugar de enterramento posiblemente durante trece séculos e deu lugar a máis de duascentas tumbas coñecidas polo momento, o que supón unha oportunidade única para estudar os ritos e costumes funerarios ao longo das distintas épocas na comarca do Salnés, nas Rías Baixas e no noroeste peninsular en xeral.

En resumo, o seu valor reside nesta ampla secuencia histórica de uso, así como no potencial como área de reserva arqueolóxica sen escavar na súa totalidade. Ademais, a presenza dunha variada tipoloxía de elementos do patrimonio cultural e natural no seu contorno máis próximo avalan o seu potencial como recurso científico de primeira magnitude, e a súa relevancia e valor cultural destacado.

7. Réxime de protección:

7.1. Natureza e categoría.

Ben inmoble e coa categoría de zona arqueolóxica. Segundo o artigo 41.3 da LPCG, aos bens declarados de interese cultural correspóndelles unha protección integral.

7.2. Réxime de protección.

O réxime de protección dun ben inmoble declarado de interese cultural coa categoría de zona arqueolóxica será o que se define nos títulos II, III e no capítulo IV do título VII da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). En concreto, pode resumirse en:

• As intervencións que se pretendan realizar no ben e no seu contorno de protección, segundo as delimitacións descritas no anexo II desta resolución, deberán ser previamente autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

• Uso: a utilización dos bens no xacemento arqueolóxico quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección.

• Deber de conservación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre os bens protexidos están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración.

En calquera caso, e posto que os titulares teñen o deber de conservar os bens e de actuar dilixentemente na súa protección, débense aplicar como principais medidas preventivas, a vixilancia e o mantemento periódico do xacemento arqueolóxico.

• Acceso: as persoas físicas e xurídicas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e demais titulares de dereitos reais sobre o ben están obrigadas a permitirlles o acceso aos ditos bens ao persoal habilitado para a función inspectora, ao persoal investigador acreditado pola Administración e ao persoal técnico designado pola Administración para a realización dos informes necesarios.

• Deber de comunicación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre o ben están obrigadas a comunicar á consellería competente en materia de patrimonio cultural calquera dano ou prexuízo que sufran e que afecte de forma significativa o seu valor cultural.

• Visita pública: as persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e, en xeral, titulares de dereitos reais sobre o ben permitirán a súa visita pública gratuíta un número mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día, que serán definidos previamente. Así e todo, as condicións especiais de conservación do ben e do risco para a seguridade das persoas poderán condicionar ou limitar a visita ao xacemento.

• Dereito de tenteo e retracto: calquera pretensión de transmisión onerosa da propiedade ou de calquera dereito real de desfrute dos bens deberá ser notificada, de forma que faga fe, á consellería competente en materia de patrimonio cultural con indicación do prezo e das condicións en que se propoña realizar aquela. En todo caso, na comunicación da transmisión deberá acreditarse tamén a identidade da persoa adquirente. Se a pretensión de transmisión e as súas condicións non foren notificadas correctamente, poderase exercer o dereito de retracto no prazo dun ano a partir da data en que se teña coñecemento das condicións e do prezo do alleamento. Estas consideracións son de aplicación aos predios afectados pola declaración BIC que non son de dominio público.

7.3. Proteccións sectoriais existentes.

A zona arqueolóxica de Adro Vello forma parte do Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e conta cun contorno de protección derivado da normativa urbanística vixente. No Plan xeral de ordenación municipal do Grove, que está en fase de tramitación, proponse unha protección de grao I ou integral sobre o ben e de grao II ou cautela no contorno de protección.

Adro Vello está dentro do límite do dominio público marítimo-terrestre (DPMT) que chega ata a estrada, e que se aplica principalmente a zonas de praia, areais e dunas. Esta área é pública. Os restos funerarios de punta Barcela e o posible xacemento calcolítico da praia do Carreiro tamén se situarían neste límite. O contorno de protección está dentro do límite da zona de servidume de protección (SP), que forma parte das proteccións de costas, pero afecta terreos privados. En ambos os casos, estar dentro destes límites implica que non se pode construír nin modificar de forma visible a paisaxe.

O xacemento está tamén protexido pola Rede Natura 2000, baixo a categoría zona de especial protección dos valores naturais-lugares de importancia comunitaria, dentro do Complexo Ons-O Grove.

7.4. O Plan especial de protección da zona arqueolóxica de Adro Vello.

O capítulo III do título III da LPCG establece a necesidade de aprobación de plans especiais de protección no caso de que se declare ben de interese cultural unha zona arqueolóxica. A Administración competente para redactar o plan especial de protección do ben, que se deberá estender ao seu contorno de protección para garantir a conservación adecuada dos seus valores culturais, é a local, neste caso o Concello do Grove.

Non obstante, segundo o artigo 55.2 da LPCG, o Concello do Grove poderá substituír a obriga normativa, da redacción do Plan especial da zona arqueolóxica, pola previsión e o desenvolvemento no seu planeamento xeral de determinacións de protección suficientes para os efectos da LPCG.

O plan especial de protección da zona arqueolóxica de Adro Vello deberá ter o contido establecido no artigo 56 da LPCG, ademais do previsto na súa propia normativa, en especial o referido a un catálogo exhaustivo de todos os bens que conforman a zona arqueolóxica e o seu contorno que, cando menos, incluirá todos os bens catalogados que se recollen no anexo II desta resolución.

Mentres non se aprobe definitivamente a normativa urbanística de protección, a concesión de licenzas ou a execución das xa outorgadas antes da declaración precisará a autorización da consellaría competente en materia de patrimonio cultural.

ANEXO II

Delimitación e contorno de protección

• Zona arqueolóxica.

A delimitación da zona arqueolóxica de Adro Vello determinouse seguindo unha serie de criterios que permitisen unha preservación efectiva dos restos, atendendo á probable extensión destes e á propia morfoloxía do terreo:

– Procurouse seguir os límites actuais do catastro, sempre que foi posible, para evitar a división artificial das parcelas. Naqueles casos en que o contorno atravesaba un camiño, este foi integrado no contorno do xacemento arqueolóxico, ao tratarse dunha infraestrutura pública.

– Na zona sur, seguiuse a morfoloxía do propio terreo, que presenta un cambio de cota considerable e marca con bastante probabilidade o límite real do xacemento.

– Integrouse parte da liña de costa/praia atendendo á presenza ou á aparición constante de restos arqueolóxicos na praia do Carreiro.

A delimitación proposta correspóndese co ámbito do polígono que forma a unión dos puntos que se enumeran a seguir e que se identifica coa zona sombreada en cor laranxa nos planos:

• Punto 1. Situándonos na esquina sueste da parcela con referencia catastral 36022A034000180000ER e seguindo os seus límites o contorno descende cara ao suroeste ata o punto 2.

• Punto 2. Desde este punto e lixeiramente máis ao sur que o punto 1, sitúase na esquina sueste da parcela 36022A034000150000EM, e a liña de contorno continúa polo límite sur desta parcela ata o punto 3.

• Punto 3. Localízase na esquina suroeste da parcela con referencia 36022A034000150000EM e aquí a liña continúa cara ao sur seguindo os límites da parcela anexa.

• Punto 4. Sitúase na esquina sueste da parcela con referencia 36022A034000040000EB. A liña continúa cara ao oeste seguindo o límite meridional desta mesma parcela. Neste sector, o contorno adaptouse á morfoloxía do terreo.

• Punto 5. Localízase na esquina suroeste da parcela 36022A034000040000EB. A liña continúa cara ao oeste atravesando transversalmente a parcela 36022A034000020000EW. Neste sector, o contorno adaptouse á morfoloxía do terreo.

• Punto 6. Localízase na liña divisoria entre dúas parcelas. O contorno continúa cara ao oeste, atravesando a parcela 36022A034000010000EH. Neste sector, o contorno adaptouse á morfoloxía do terreo.

• Punto 7. Localízase no límite oeste da parcela 36022A034000010000EH. A liña de contorno continúa seguindo a morfoloxía do terreo e atravesando a parcela 36022A034002460000EX.

• Punto 8. Localízase na esquina sueste da parcela 5628203NH0052N0001WM. A liña continúa cara ao oeste seguindo o límite inferior desta mesma parcela e as contiguas (5628202NH0052N0001HM e 5628201NH0052N0001UM) ata o punto 9.

• Punto 9. Sitúase o límite entre a rúa Carreiro e a parcela 5530006NH0053S-0001QW, sen afectar esta última. A liña de contorno xira cara ao norte, seguindo o límite leste desta parcela e a anexa 5530017NH0053S0001RW, ata acadar o límite da costa (36022A034090040000EL).

• Punto 10. Sitúase no límite setentrional da liña de costa (36022A034090040000EL). A partir deste punto o contorno xira cara ao leste seguindo a morfoloxía da liña de costa ata o punto 11.

• Punto 11. Localízase ao nordeste do xacemento, na liña setentrional da parcela 36022A035090110000EQ. Desde este punto, o límite do contorno descende cara ao sur atravesando a parcela 36022A035090030000EW e seguindo unha liña recta ata o punto 12.

• Punto 12. Localízase na esquina nordeste da parcela con referencia 36022A034000160000EO. O contorno continúa polo límite leste desta mesma parcela e as contiguas (36022A034000170000EK e 36022A034000180000ER) ata acadar o punto 1.

Delimitación da zona arqueolóxica

Punto

X

Y

1

505839.949

4702759.913

2

505826.005

4702750.211

3

505771.520

4702758.390

4

505771.960

4702753.545

5

505709.611

4702776.824

6

505693.316

4702781.291

7

505682.054

4702776.698

8

505616.794

4702767.103

9

505496.625

4702785.097

10

505533.242

4702872.676

11

505814.853

4702888.594

12

505815.357

4702826.559

missing image file

En cor laranxa delimítase a zona arqueolóxica de Adro Vello.

• Contorno de protección.

O contorno de protección (CP) definiuse aplicando uns criterios análogos aos descritos na delimitación da zona arqueolóxica e tomando como referencia a franxa dos 200 metros que establece, para os contornos de protección subsidiarios, a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, para os bens integrantes do patrimonio arqueolóxico, e tomando en consideración a existencia doutros bens culturais clasificados e a estrutura propia do territorio. Integraranse no CP os elementos arqueolóxicos, arquitectónicos e etnográficos localizados ou recuperados, próximos ao xacemento, desde a época romana ata a actualidade, co obxectivo de preservar os espazos cuxa afección pode incidir na percepción e na comprensión dos valores culturais ou poida afectar a súa integridade, apreciación ou estudo. De forma resumida, os criterios empregados para definir o contorno de protección son:

– Procurouse seguir os límites actuais do catastro, sempre que foi posible, para evitar a división artificial das parcelas. Nos contados casos en que esta medida implicaba unha ampliación ou diminución desmesurada do contorno de protección (debido á propia morfoloxía das parcelas), optouse por atravesar as parcelas polo punto máis próximo á liña dos 200 metros.

– Naqueles casos en que o contorno atravesaba un camiño, este foi integrado no xacemento arqueolóxico ao tratarse dunha infraestrutura pública.

– Na zona de costa/praia, o límite correspóndese cos 200 metros a partir do contorno setentrional do xacemento arqueolóxico e modifícanse soamente para incluír algúns dos cons que se localizan no contorno.

– O sector noroeste foi ampliado para integrar o contorno de protección do castro do Castriño.

– O sector nordeste foi ampliado para incluír o cabo de Punta Barbela e un grupo de cons próximos, onde se rexistrou a presenza de restos humanos de cronoloxía indeterminada.

– O sector leste foi ampliado para integrar a actual igrexa de San Vicente do Grove e os elementos arquitectónicos e etnográficos que se localizan no seu contorno. A súa inclusión no contorno de protección realizouse atendendo á orixe da propia estrutura da igrexa, que formou parte do xacemento ata o S. XVIII e, por tanto, é parte da historia de Adro Vello.

Como resultado da aplicación dos ditos criterios, o contorno de protección proposto correspóndese co polígono que une os puntos que se enumeran a seguir e que se corresponde coa liña azul identificada no plano que se xunta a seguir:

• Punto 1. O límite do xacemento arqueolóxico sitúase na esquina suroeste da parcela con referencia catastral 36022A034002200000EE. A partir deste punto, a liña de contorno diríxese cara ao sur seguindo o leste da parcela 36022A034002280000EY.

• Punto 2. Sitúase na esquina sueste da parcela 36022A034002280000EY. A liña de contorno continúa cara ao oeste seguindo o límite sur da propia parcela ata o punto 3.

• Punto 3. Localízase na esquina noroeste da parcela 36022A034002270000EB. A partir deste punto, diríxese cara ao sur seguindo o límite oeste da propia parcela e das anexas 36022A034002260000EA, 36022A034002250000EW e 36022A034002230000EU.

• Punto 4. Localízase na esquina sueste da parcela 36022A034002220000EZ. Desde este punto, a liña de contorno diríxese cara ao oeste seguindo o límite da propia parcela e da anexa 36022A034002460000EX.

• Punto 5. Sitúase na esquina suroeste da parcela 36022A034002460000EX. Desde este punto, a liña de contorno diríxese cara ao norte seguindo o límite leste das parcelas 5628210NH0052N0001GM, 5628209NH0052N0001PM e 5628208NH0052N0001QM ata o punto 6.

• Punto 6. Sitúase na esquina sueste da parcela 5628207NH0052N0001GM. A partir deste punto, a liña de contorno diríxese cara ao oeste seguindo o propio límite da parcela, así como das parcelas anexas 5628225NH0052N0001IM e 5628215NH0052N0001FM, e atravesa no seu percorrido a rúa Carreiro E.

• Punto 7. Sitúase na esquina suroeste da parcela 5628215NH0052N0001FM. Desde este punto, a liña de contorno xira cara ao norte seguindo o límite da propia parcela.

• Punto 8. Localízase na esquina noroeste da parcela 5628215NH0052N0001FM. A partir deste punto, a liña de contorno xira cara ao oeste cruzando pola rúa Carreiro ata acadar o punto 9.

• Punto 9. Sitúase na esquina sueste da parcela 5530004NH0053S0001YW. Desde este punto, a liña de contorno ascende en dirección noroeste seguindo o límite da propia parcela, así como doutras anexas 5530003NH0053S0001BW, 5530014NH0053S0001MW e 5530001NH0053S0001WW, e cruza transversalmente a rúa Carreiro e dous camiños menores ata acadar o punto 10.

• Punto 10. Sitúase no límite leste da parcela 5330701NH0053S0001MW. A partir deste punto, a liña de contorno descende cara ao suroeste seguindo o propio límite da parcela ata o punto 11.

• Punto 11. Sitúase no límite da franxa de costa/praia (36022A034090040000EL). A partir deste punto, a liña de contorno diríxese novamente cara ao oeste atravesando a liña de costa/praia ata acadar o punto 12. O contorno expándese desde este punto para abarcar a área de protección do castro.

• Punto 12. Sitúase ao noroeste de CP-11, xa en espazo marítimo, ao sur dos cons de Punta de San Vicenzo. O punto de control localízase a 200 metros do castro. Desde este punto xira cara ao norte ata o punto 13.

• Punto 13. Sitúase ao noroeste da Punta de San Vicenzo, en espazo marítimo. O punto de control localízase a 200 metros do castro. Desde este punto xira cara ao leste ata o punto P-14.

• Punto 14. Localízase ao norte de Con Ministro, en espazo marítimo. O punto de control localízase a 200 metros do castro. A partir de este punto, a liña do contorno de protección diríxese cara ao leste, ata o punto 15, respectando os 200 metros de protección desde o perímetro do xacemento arqueolóxico.

• Punto 15. Localízase ao norte das Barceliñas, en espazo marítimo. Esta zona foi lixeiramente ampliada para abarcar todos os cons localizados nesta área. A partir deste punto, a liña do contorno xira cara ao sueste ata o punto 16.

• Punto 16. Localízase ao leste das Barceliñas, en espazo marítimo. Esta zona foi lixeiramente ampliada para abarcar todos os cons localizados nesta área, así como a fábrica de salga de Triñáns. Desde este punto, o contorno de protección xira cara o suroeste ata o punto 17, atravesando transversalmente a liña de costa/praia (36022A035090110000EQ), a parcela 36022A035004000000EG e a estrada anexa.

• Punto 17. Sitúase no límite nordeste da parcela 36022A035004160000EJ, sen afectar esta. Amplíase o contorno ata este punto para protexer o camiño tradicional que percorre a costa de leste a oeste, pasando pola praia do Carreiro, así como a fábrica de salga de Triñáns. Desde este punto, o contorno de protección diríxese cara ao oeste seguindo o límite norte das parcelas ata o punto CP-18.

• Punto 18. Sitúase na esquina noroeste da parcela 36022A035004920000EW, sen afectar esta e abarcando o camiño tradicional que percorre a costa de leste a oeste. Desde este punto, a liña de contorno diríxese cara ao sur seguindo o límite da propia parcela e das anexas 36022A035004140000EX, 36022A035004120000ER, 36022A035004090000ER, 36022A035004080000EK e 36022A035060030000EP, e atravesa transversalmente a estrada EP-9106 ata o punto 19. Esta área do contorno foi ampliada para integrar os terreos en que está a igrexa de San Vicente do Grove e os elementos patrimoniais do seu contorno.

• Punto 19. Localízase no límite nordeste da parcela 6022A034000410000EG. A partir deste punto, a liña de contorno xira cara ao sur seguindo o límite da propia parcela e das anexas 36022A034090030000EP, 36022A034000420000EQ, 36022A034000460000EF, 36022A034000470000EM, 36022A034000480000EO e 36022A034000570000EJ.

• Punto 20. Localízase na esquina sueste da parcela 36022A034000570000EJ. A partir deste punto, xira cara ao oeste seguindo o límite da propia parcela e da anexa 36022A034000560000EI.

• Punto 21. Localízase na esquina suroeste da parcela 36022A034000560000EI. A partir deste punto, o contorno diríxese cara ao sur seguindo o límite sur da propia parcela e das anexas 36022A034000580000EE, 36022A034000590000ES, 36022A034000600000EJ, 36022A034000610000EE, 36022A034000620000ES, 36022A034000630000EZ, 36022A034000640000EU, 36022A034000700000EA, 36022A034000710000EB, 36022A034000780000EF e 36022A034000790000EM ata o punto 22.

• Punto 22. Sitúase na esquina sueste da parcela 36022A034001950000EW. Desde este punto, a liña de contorno diríxese cara ao norte seguindo o propio límite da parcela e das anexas 36022A034001960000EA, 36022A034001980000EY, 36022A034001990000EG, 36022A034002000000EG, 36022A034002010000EQ, 36022A034002020000EP e 36022A034002040000ET ata o punto 23.

• Punto 23. Sitúase na esquina nordeste da parcela 36022A034002040000ET. Desde este punto, a liña do contorno de protección xira cara ao oeste seguindo o límite da propia parcela.

• Punto 24. Sitúase na esquina noroeste da parcela 36022A034002040000ET. Desde este punto, continúa cara ao norte seguindo os límites da propia parcela.

• Punto 25. Sitúase na esquina suroeste da parcela 36022A034002060000EM. Desde este punto, diríxese cara ao oeste seguindo o límite sur da parcela 36022A034002200000EE ata o punto 1.

Delimitación do contorno de protección

Punto

X

Y

1

505858.097

4702524.809

2

505853.305

4702515.025

3

505807.248

4702529.224

4

505796.244

4702462.846

5

505584.686

4702499.762

6

505584.759

4702582.755

7

505461.476

4702568.354

8

505445.500

4702597.613

9

505399.197

4702594.684

10

505237.808

4702760.677

11

505212.905

4702724.791

12

504990.776

4702834.358

13

504985.285

4703116.038

14

505310.343

4703175.089

15

506091.492

4703157.811

16

506242.222

4703052.387

17

506255.405

4702830.104

18

506138.272

4702819.299

19

506123.535

4702649.408

20

506133.772

4702473.630

21

506046.079

4702488.274

22

506018.466

4702397.740

23

506007.891

4702437.821

24

505897.453

4702494.326

25

505902.112

4702499.851

missing image file

En cor azul delimítase o contorno de protección da zona arqueolóxica de Adro Vello, que se marca en cor laranxa.

missing image file

Núm.

Nome

X

Y

Interese

Documento

Referencia

A

O Castriño

505.223

4.702.940

ARQ

NSPM O Grove

GA36022005

B

Xacemento de Adro Vello

505.658

4.702.832

ARQ

NSPM O Grove

GA36022004

C

Casa reitoral

506.048

4.702.589

ART

NSPM O Grove

17

D

Conxunto parroquial de San Vicente do Grove

506.098

4.702.589

ART

NSPM O Grove

1

E

Cruceiro fronte á igrexa

506.142

4.702.577

ETN

NSPM O Grove

8

F

Hórreo da casa reitoral

506.057

4.702.602

ETN

NSPM O Grove

14

G

Cruceiro de Xoán Vidal

506.131

4.702.497

ETN

NSPM O Grove

10

H

Fábrica de salga de Pons

505.386

4.702.865

IND

PBA

55.954

I

Fábrica de salga de Ferrer

505.411

4.702.858

IND

PBA

55.953

J

Fábrica de salga de Carreiró

505.456

4.702.843

IND

PBA

55.952

K

Fábrica de salga de Triñáns

506.142

4.702.848

IND

PBA

55.955

Bens actualmente catalogados que se sitúan dentro do contorno de protección da zona arqueolóxica de Adro Vello.