Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9277

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO do proceso selectivo para cubrir unha praza de educador/a familiar como persoal laboral, por concurso-oposición, para a oferta de emprego público do ano 2021.

Mediante o Decreto da Alcaldía do 16 de xaneiro de 2023, aprobáronse a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, mediante concurso-oposición, dunha praza de educador/a familiar como persoal laboral, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 12, do 18 de xaneiro de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso e no núm. 14 publicouse unha corrección de erros.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Valdoviño, 20 de xaneiro de 2023

Alberto González Fernández
Alcalde