O Concello de Vilanova de Arousa vén de tramitar e aprobar a modificación puntual número 2 do Plan parcial do polígono industrial de Tremoedo, formulado polas entidades Proyección Comercial Atlántica, S.L. e Nugape Pet Food, S.L., e redactado polo arquitecto Alejandro Arias Novás, e de conformidade cos informes favorables sectoriais e informes técnicos e xurídicos municipais emitidos no expediente.
Por medio deste anuncio, de acordo cos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, publícase o acordo de aprobación definitiva, adoptado polo Pleno da Corporación o 28.11.2022.
«ACORDO:
Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual núm. 2 do Plan parcial do polígono industrial de Tremoedo, Vilanova de Arousa, incluído nas normas subsidiarias do planeamento municipal.
Segundo. Ordenar aos servizos municipais que continúen coa tramitación do expediente seguindo o disposto no artigo 83.5, en relación cos artigos 75 LSG, seguintes e concordantes da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e no artigo 200 en relación co artigo 185 e concordantes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia (RSG)».
Unha vez que sexa publicado o anuncio de aprobación definitiva, deberase inscribir o documento íntegro no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, incluído o extracto ambiental, que poderá consultarse na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia
Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procedemento de avaliación ambiental poderá consultarse na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/plans-e-programas-por-tipoloxia?p_p_id=aaeTipology_WAR_
O presente anuncio serve como notificación do acordo aos interesados.
De acordo coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, que pon fin á vía administrativa, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.
Vilanova de Arousa, 20 de xaneiro de 2023
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde


