Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pantón

ANUNCIO de convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en propiedade das prazas incluídas na oferta extraordinaria de emprego público para o ano 2022, para a estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 298, do 30 de decembro de 2022, así como na sede electrónica do Concello de Pantón (https://panton.sedelectronica.gal/info.0), publicáronse a convocatoria e integramente as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria de procesos selectivos para a cobertura en propiedade das prazas que a seguir se indican, incluídas nos procesos extraordinarios de estabilización previstos na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:

Persoal laboral fixo:

Denominación praza

Categoría

Nº prazas

Forma de acceso

Concurso-oposición

(Art. 2 Lei 20/2021)

Concurso

(DA 6ª e 8ª Lei 20/2021)

Traballador/a social

Traballador social

1

X

Auxiliar de axuda no fogar

Auxiliar

3

X

Auxiliar de axuda no fogar

Auxiliar

10

X

Técnico/a depuración de augas

Licenciado

1

X

Peón depuración augas

Peón

2

X

Peón tractor

Peón

1

X

Peón recollida lixo

Varredor

1

X

Chofer camión lixo

Chofer

1

X

Peón parques e xardíns

Peón

1

X

Peón iluminación pública

Peón

1

X

Animador sociocultural

Auxiliar

1

X

Auxiliar de cultura

Auxiliar

2

X

Bibliotecario/a

Bibliotecaria

1

X

Limpador/a Centro de Saúde e Casa do Concello

Limpadora

1

X

Axente de emprego e desenvolvemento local

AEDL

1

X

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín de Oficial da provincia de Lugo e/ou nos taboleiros de anuncios deste concello e na súa sede electrónica, na forma prevista nas propias bases.

Pantón, 18 de xaneiro de 2023

José Luis Álvarez Blanco
Alcalde