Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de segundo requirimento (execución forzosa) de documentación do expediente AC15005434.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Nº de expediente: AC15005434.

NIF: A15049265.

Acto de notificación: segundo requirimento de documentación.

Concello: Santiago de Compostella.